Hai un tempo, organizamos a expo bibliográfica "Días de libro e rosas", para celebrar o Día do Libro. Nesa escolla de libros que falan de libros, pretendíamos fuxir dos títulos máis habituais para unha antoloxía sobre este tema. Buscamos autoras-es e novelas nos que os libros digan algo, ou moito, ás-aos súas-seus protagonistas. Títulos que conmocionan a vida dalgún personaxe, que fan cambiar o rumbo da historia ou son meros pretextos para iniciar conversas literarias de fondo calado. Canetti, Paul Desalmand, Karen Joy Fowler, Quint Buchholz, Alan Bennett, Penelope Fitgerald, Agustín Fernández Paz, Alessandro Baricco, Ursula K. Le Guin e Manuel Rivas, entre outras-os, puxéronnos en conexión con libros que viven na alma doutros libros.
Deixámosche aquí os títulos dispoñibles en GaliciaLe.
"O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz (Recomendado en Radioleiros). Os libros como compañeiros na aventura de amar.
"La librería" de Penelope Fitzgerald. O nacemento dunha libraría nunha pequena vila abonda para alterar a toda a veciñanza.
"O último día de Terranova" de Manuel Rivas (Recomendado en Radioleiros). Liquidación total de existencias por peche inminente dunha libraría.
"La sociedad literaria y del pastel de piel de patata Guernsey" de Mary Ann Shaffer (Recomendado en Radioleiros). Reunións literarias en plena guerra en torno a unha sobremesa de pela de pataca.
Podes consultar a escolma completa de libros nesta ligazón e para cando volvamos a vernos, poderás levalos en préstamo das nosas bibliotecas. E se o teu é o cine, mira nesta ligazón as películas que seleccionamos para a exposición. Seguimos gozando do Día do Libro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario