Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 31 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: "Un cestiño de contos"
27/10/18
26/10/18
Recomendacións en Radioleiros: 26 outubro 2018
- Infantil (maiores de 6 anos):
Elétrico 28, de Davide Calì e Magali Le Huche
Flamboyant
O “Elétrico 28” é o tranvía lisboeta máis mencionado en todos os folletos de publicidade; o do noso conto está conducido por Amadeo, un romántico que disfruta botándolle unha man aos tímidos namorados que suben ao seu tranvía. O último día de traballo antes de xubilarse está preocupado por un caso perdido, unha parella na que el vai sempre distraído e ela é demasiado tímida. Tras probar todas as manobras, a Amadeo só lle queda a última oportunidade, o truco final… Conseguirá Amadeo xuntar a estes solitarios namorados?
- Mozas/os e adultas/os:
El asiento del conductor, de Muriel Spark
Contraseña
Unha historia de intriga e tensión que se alonxa de todos os tópicos. Todo comeza cando a súa protagonista Lise (unha escandinava engreída e bastante excéntrica) decide tomarse unhas vacacións e viaxar ao sur de Europa, presumiblemente a Nápoles. Pronto revélasenos a finalidade de Lise: morrer asasinada cosida a coiteladas na metade dun parque.
Muriel Spark texe unha trama chea de pequenas sorpresas, porque aínda que desde o principio anúnciasenos o final da historia, a fascinante personalidade da protagonista desconcerta á/ao lectora/lector continuamente.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/10/18
Soul e literatura, un paseo pola música negra para celebrar o Día da Biblioteca
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Día: mércores 24 de outubro, ás 20 h.
Aforo limitado ata completar a capacidade da sala.

A iniciativa de celebrar o Día da Biblioteca, xurdíu da Asociación Española de Amigos del Libro infantil y Juvenil en 1997. Desde entón, deuse a coñecer e recoñecer o labor das bibliotecas, os seus servizos, os seus recursos profesionais e agradecer o traballo das bibliotecarias e bibliotecarios. Para esta celebración foise sumando toda a sociedade e conta coa colaboración de numerosas institucións.
As Bibliotecas Municipais de Oleiros unénse a esta celebración e para elo contaremos co espectáculo musical e literario "Soul e literatura: un paseo pola música negra", un proxecto musical formado por Iria Mejuto (voz) e Richi Rozas (guitarra) que reinterpreta grandes éxitos da música negra a través dun coidado repertorio interpretado en directo, proporcionando unha relación entre música e literatura, intercalando lecturas de libros nos que a música está presente e agasallándonos cunha viaxe por algunhas das melodías do Soul. Poderemos escoitar temas como "What a Wonderful World" de Louis Amstrong, "Sitting on the Dock of the Bay" de Otis Redding, "Natural Woman" de Aretha Franklin ou "Human nature" de Michael Jackson
Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.
23/10/18
Aviso: A Biblioteca de Nós permanecerá pechada o 24 de outubro
A Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" de Nós permanecerá pechada o mércores 24 de outubro.
Pregamos desculpen as molestias.
Pregamos desculpen as molestias.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
12:42
No hay comentarios:
Etiquetas:
Avisos,
Biblioteca de Nós,
Horarios
Tertulia literaria en Rialeda: 24 outubro 2018 (Inicio tempada grupo A)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Volver a casa" de Yaa Gyasi
Documentación
Seguinte lectura: "Un amor" de Alejandro Palomas

22/10/18
24 de outubro: Día da Biblioteca nas Bibliotecas Municipais de Oleiros
Cos obxectivos de divulgar a existencia do Día da Biblioteca, mostrar os nosos centros como lugares de lecer e informar sobre os servizos que ofrecemos, promovendo a relación entre música e literatura e animar a ler e gozar tanto da literatura como da música e que nenas e nenos se divirtan escoitando contos e realizando sinxelas manualidades, en Bibloleiros terán cabida unha serie de actividades que ofrecemos en cada un dos sete centros do Sistema.
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
- Mércores 24 de outubro ás 20:00, “Soul e literatura, un paseo pola música” por Black Galicia.
- Mércores 24 de outubro ás 17:30, “Club de lectura e tertulias literarias”. Comentarase o libro “Volver a casa” de Yaa Gyasi.
- Xoves 25 de outubro ás 18:30, Sesión de contacontos "Cabaliño Hop", a cargo de Soledad Felloza, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.
Mostra bibliográfica: “Biblioteca Violeta” adicada a libros de temática feminista, no vestíbulo da biblioteca.
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" (Santa Cruz)
- Mércores 24 de outubro ás 18:30, contacontos cun pequeno obradoiro de ilustración "O branco non pinta”, con Antía Otero, autora do texto e María Brenn, ilustradora do mesmo. Dirixido a nenas e nenos a partir de 4 anos.
“Cantos máis da casa me leron”: A partir dunha serie de libros infantís, xuvenís e de adultas e adultos cunha lapela, na que quenes os lean escriban o seu nome. Esta actividade ten como finalidade acercar o fondo a novas usuarias e usuarios e futuras socias e socios. Dese xeito publicítase a biblioteca e promóvese a lectura dos seus fondos. Do 22 ao 31 de outubro.
“Arte e emoción: o álbum ilustrado na biblioteca”: O álbum ilustrado segue a ser considerado como material da sección infantil e xuvenil. Con esta mostra bibliográfica trataremos de achegar este tipo de lectura ao público mozo e adulto. Os álbums ilustrados están feitos para espertar a nosa curiosidade, facernos pensar, sentir emocións e sobre todo gozar das imaxes.
Presentamos unha mostra bibliográfica desde o 22 ao 31 de outubro.
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María" (Oleiros)
- Martes 23 de outubro ás 18:30, contacontos “Velaivai” con Ramiro Neira, dirixido a nenas e nenos a partir de 3 anos.
“A biblioteca e o seu contido”, diversos pasatempos: encrucillados, sopas de letras… dispoñibles na biblioteca do 22 ao 29 de outubro.
“Exposición bibliográfica de novidades”
“Marcapáxinas conmemorativo”, coa finalidade de que as nenas e os nenos coloreen o seu e o leven para a casa. Dispoñibles na biblioteca do 22 ao 29 de outubro.
“Debuxos sobre a biblioteca”, que pasarán a forma parte da decoración da mesma. Do 22 ao 29 de outubro.
Biblioteca Pública Municipal "María José Ruso" (Dorneda)
- Luns 22 de outubro ás 18:30, contacontos “Lilí na escola” pola compañía Trinke Trinke. Para nenas e nenos a partir de 4 anos.
"Agasallo de libros" para as usuarias e usuarios que acudan á biblioteca o propio mércores 24 de outubro e retiren fondos en préstamo.
"Exposición bibliográfica de libros sobre bibliotecas, librerías e libros"
“Xogamos aos pasatempos”, do 22 ao 31 de outubro estarán dispoñibles na biblioteca pasatempos de temática vinculada ao Día da Biblioteca.
Biblioteca Pública Municipal "María José Trincado" (Mera)
- Venres 19 de outubro ás 18:30, contacontos “O berce das verbas” con Caxoto, para nenas e nenos de 1 a 3 anos.
"Marcapáxinas conmemorativo" do Día da Biblioteca para colorear. Estarán dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" (Nós)
"Marcapáxinas conmemorativo" do Día da Biblioteca para colorear. Dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.
"Debuxos sobre a biblioteca", para realizar na biblioteca ou na casa e despois decorar a biblioteca con eles.
Estarán dispoñibles na biblioteca do 22 ao 26 de outubro.
“Os nosos imprescindibles”: Exposición de libros“imprescindibles” da literatura galega, como por exemplo A Esmorga de Eduardo Blanco Amor, así como títulos actuais máis salientables. Realizarase do 22 ao 26 de outubro.
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)
"Exposición de libros infantís de temática ou escenario principal as bibliotecas". De 22 a 26 de outubro.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)