- Infantil:
A incrible viaxe de Antía ao cerebro humano, de Paula Rivas Ramírez con ilustracións de Iago Araujo.
Xerais
O funcionamento do cerebro e o sistema nervioso, as neuronas, a percepción a través dos sentidos son explicados dun xeito doado nunha visita a un instituto de neurociencia.
- Mocidade e público adulto:
Prometeo americano: el triunfo y la tragedia de J. Robert Oppenheimer, de Kai Bird e Martin J. Sherwin.
Debate
A biografía deste físico, pai da bomba nuclear e vítima da Guerra Fría, contada dun xeito atractivo e cun bon apédice fotográfico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
22/3/24
21/3/24
MUSICA2 para celebrar o Día Mundial da Poesía 2024 en Rialeda
"Nasín cando as prantas nasen, no mes das froles nasín", dixo Rosalía de Castro. O 21 de marzo nace a primavera, conmemoramos o Día Mundial da Poesía e os versos abrochan en Rialeda. Desta volta propoñemos MUSICA2, fermosos poemas cantados por brillantes artistas. Nesta recolleita xuntamos a poesía de Luísa Villalta, Miguel Hernández, Rosalía de Castro, José Agustín Goytisolo, Yolanda Castaño, Federico García Lorca, Gabriela Mistral, Lois Pereiro, Carmen Conde, Airas Nunes e Luz Fandiño (entre outras-os) coas voces de Compay Segundo, Guadi Galego, Pedro Guerra, Sílvia Pérez Cruz, Camarón, Rosalía, Paris Joel, DeVacas, Abe Rábade, Sheila Blanco, Narf, Carmen París, Miguel Poveda, Carolina Rubirosa, Guille LP, Rozalén, Xermán Son, Adriana Varela, Salvador Sobral, etc.
28 poemas-cancións que poderás escoitar no teu móbil escaneando os QR espallados pola Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Se che prace, fainos chegar as túas suxestións coas mellores versións musicais dos teus poemas favoritos á conta de correo biblioteca.rialeda@oleiros.org
Feliz Día Mundial da Poesía 2024!!!
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Día da Poesía
19/3/24
O Concello de Oleiros abre unha aula de estudo no xardín da Biblioteca Central Rialeda
O Concello de Oleiros pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha aula de estudo situada no xardín da Biblioteca Central Rialeda en Perillo, con 34 postos de estudo, coas condicións necesarias para facilitar o silencio e a concentración dos usuarios e usuarias. Está aberta ao público de luns a venres, en horario ininterrompido desde as 8:15 ás 21 horas.
Esta agradable e luminosa aula complementa as salas de lectura e de consulta ofrecidas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros nas súas 7 bibliotecas: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, Biblioteca Manuel María en Oleiros, Biblioteca Mª José Ruso en Dorneda, Biblioteca Mª José Trincado en Mera, Biblioteca Ánxel Fole en Nós e Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé.
Ubicada no que era antigamente o cenador da finca, foi restaurada polo Concello de Oleiros cunha subvención da Deputación da Coruña.
Dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Esta agradable e luminosa aula complementa as salas de lectura e de consulta ofrecidas polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros nas súas 7 bibliotecas: Biblioteca Central Rialeda en Perillo, Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz, Biblioteca Manuel María en Oleiros, Biblioteca Mª José Ruso en Dorneda, Biblioteca Mª José Trincado en Mera, Biblioteca Ánxel Fole en Nós e Biblioteca Xograr Mendiño en Lorbé.
Ubicada no que era antigamente o cenador da finca, foi restaurada polo Concello de Oleiros cunha subvención da Deputación da Coruña.
Dispón de conexión a Internet con acceso WI-FI gratuíto e enchufes nas diferentes mesas. A instalación ten accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:53
No hay comentarios:
Etiquetas:
Avisos,
Biblioteca Central Rialeda
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 20 marzo 2024 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "La doble vida de Anna Song" de Minh Tran Huy.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El show de Gary" de Nell Leyshon.

18/3/24
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 19 marzo 2024 (Grupo B)
Biblioteca e Centro de Documentación
da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "El día antes de la felicidad" de Erri de Luca.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "A corazón abierto" de Elvira Lindo.

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 19 marzo 2024 (Grupo C)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
11 a 12:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La mancha humana
" de Philip Roth.
"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
11 a 12:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La mancha humana
" de Philip Roth.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
9:24
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
17/3/24
Tertulia literaria en Mera: luns 18 marzo 2024 (Grupo B)
Biblioteca "María José Trincado". Mera.
19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "La uruguaya" de Pedro Mairal.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.
19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "La uruguaya" de Pedro Mairal.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "As malas mulleres" de Marilar Aleixandre.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Mera,
Tertulias Literarias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)