3/5/14

Tertulia literaria en Santa Cruz: 5 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18,30 a 20 h.

Comentario da obra "La gran casa" de Nicole Krauss.
Obras de Nicole Krauss nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "La vida de las mujeres" de Alice Munro.

Hora do conto: 6 a 9 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 6 de maio
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULOS:  “O papón”, “A ratiña”, “Bicho raro”
 


Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 7 de maio
CONTACONTOS: Avoa Violeta de Trinke Trinke
TÍTULOS: “Unha praia particular”: “A mosca”, “Ola, ola, ola”, “O homiño da chuvia”
 


Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 8 de maio
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "Experimentos sobre a liberdade":  "Opcións", "A verdade", "Límites"
 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 9 de maio
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Unha noite na cociña”, “O rei corvo”, “Herbalúa”
 

(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)

2/5/14

Recomendacións en Radioleiros: 2 de maio

 http://www.ipernity.com/doc/284673/32432293/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110083- Infantil (a partir de 8 anos):
"A pantasma da Casa da Matanza", textos de Miro Villar e ilustracións de Xosé Cobas, editado por Biblos. Premio da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil e xuvenil do 2013.
Deliciosa obra inspirada na poesía de Rosalía de Castro, pero principalmente no poema “Negra sombra”. A Casa da Matanza é o nome da casa de Padrón na que Rosalía de Castro viviu os últimos anos, e que hoxe é museo.
É un conto rimado dunha pantasma, á que lle gusta a música, a danza e a poesía. Un día coñece a Rosalía e que por iso decide quedar para sempre na Casa da Matanza, engaiolada coa musicalidade e o ritmo dos seus poemas.
Todo o conto está acompañado das fermosas ilustracións de Xosé Cobas. Predominan as cores suaves, e segundo imos pasando as follas podemos deleitarnos co texto e as ilustracións.

- Mozos-as e adultos-as:
"La campana de Islandia" de Halldór Laxness, en RBA.
Premio Nobel de literatura en 1955.
Este libro é parte dunha triloxía formada por "La campana de Islandia", "La doncella de la luz" e "Fuego en Copenhague". Unha obra clásica, do mellor da literatura islandesa do século XX, que se desenvolve seguindo as pautas da tradición épica das sagas islandesas medievais.
Trata do desexo e a necesidade da poboación islandesa de obter a  independencia de http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=104291Islandia  fronte a  Dinamarca, a través de dous personaxes, o agricultor Jón Hreggvidsson e a fermosa e forte Snaifrídur.
A acción transcorre en Islandia, no século XVIII. Jon Hreggividson, un granxeiro pobre, é acusado de asasinato e ten que enfrontarse ás autoridades islandesas que obedecen directamente ao monarca danés. Snaifrídur  líbrao da morte cun encargo para Arnas Arneus, do que está namorada e que vive en Copenhague... Iremos vendo personaxes moi diferentes: granxeiros, esmoleiros,  ladróns, usureiros, e por outro lado presenciaremos os costumes dos nobres; e dous xeitos de vivir diferentes: o dos islandeses e o dos daneses.
A novela é rica en matices e a acción discorre lentamente, no medio de descricións, longas viaxes, conversacións, argumentos complexos, poemas das sagas islandesas etc.
Halldór Laxness escribiu esta obra a comezos dos anos corenta cando xurdía Islandia como nación independente. Considerado o mellor escritor islandés capaz de tratar todo tipo de temas con gran destreza,  con esta obra pretendeu ensalzar o carácter xenuíno e diferente do seu país, da súa xente e da súa lingua, e en xeral dunha nación que vivira durante séculos baixo o dominio danés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/4/14

Gabriel García Márquez 1927 - 2014

http://especialgabo.fnpi.org/
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=garc%C3%ADa+m%C3%A1rquez%2C+gabriel&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=Convidámoste a ler-reler algunha obra que temos nas exposicións adicadas ao gañador do Nobel en 1982, o xenial narrador e xornalista Gabriel García Márquez. Gabo foi o creador de títulos xa clásicos como 'Crónica de una muerte anunciada', 'Cien años de soledad', 'El coronel no tiene quien le escriba', 'El amor en los tiempos del cólera', 'El otoño del patriarca', o "descubridor" dun lugar atemporal, de nome Macondo, desde onde a literatura floreceu dun xeito extraordinario. Podes visitar as exposicións das Bibliotecas Municipais "Mª José Ruso (Dorneda), Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Rialeda (Perillo). 

- Vostede fala moito da súa avoa galega, mais na súa obra non hai nada de Galicia
– díxenlle, a xeito de pregunta e, tamén, de inxustificada provocación.
- Si que hai – respondeume con soltura e contundencia.
- Que hai? – retruquei, sorprendido.
- O xeito de contar.

Tertulia literaria en Rialeda: 30 de abril (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes.
Documentación
Obras de Susana Fortes nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Antoloxía do conto galego: século XX" da Editorial Galaxia.

30 de abril: Trinke Trinke na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.

A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena o espectáculo "O cole de lonxe de todo".

Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil (3 anos) A e B do CEIP Parga Pondal.

Única sesión, ás 12 h.

30 de abril: Visita de alumnado do IES de Viós (Abegondo) á Biblioteca Central Rialeda

O mércores 30 de abril, recibiremos na Biblioteca Central Rialeda ao alumnado do Club de Lectura do IES de Viós (Abegondo).

A visita guiada terá lugar a partir das 10 h. Virán acompañados polo narrador oral, autor, director de escea e guionista Cándido Pazó, quen actuará para eles/as ao remate da visita.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

29 e 30 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros.

Obradoiro xuvenil de perfeccionamento de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros para alumnado do CEIP A Rabadeira.

29 abril:
- 9,45 h. - 5º Primaria A
- 11,30 h. - 5ª Primaria B

30 abril:
- 9,45 h. - 5º Primaria C
- 11,30 h. - 6ª Primaria A

Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas.

29 de abril: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Luis Seoane e da Escola Infantil "O Vilar" de Nós:

- 10,20 h. - 3º A + B de Educación Primaria do CEIP Luis Seoane.
- 12,00 h. - Alumnado de Educación Infantil da EEI "O Vilar" de Nós.
 

27/4/14

Hora do conto: de 28 a 30 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 28 de abril
CONTACONTOS: Pizpireta
TÍTULOS: "Gato Guille e os monstros", "O monstro metemedo", "Eu voguei por mar de chocolate"
 
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 29 de abril
CONTACONTOS: Caxoto Contacontos
TÍTULO: "Contos con esbirros"
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 30 de abril
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULOS: "Contos para a igualdade: anxeliños negros" : "A outra metade de Xan", "As cores de Mateo" 

(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. As sesións celebraránse ás 18:30)