27/2/15

Hora do conto: de 3 a 6 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 3 de marzo
CONTACONTOS: Cucarandainas
TÍTULO: “Moito conto”
 
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 4 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A visita do oso”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 5 de marzo
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: “Contos das terras onde o sol se deita”
 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 6 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628507)
Quedan prazas!!!
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Toin toin”
 
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 6 de marzo
CONTACONTOS: Ratiño Camifuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Contos de ratiños”

Recomendacións en Radioleiros: 27 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/37232824
  http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=canci%C3%B3n+de+Shao+L%C3%AD&idx=ti - Infantil (nenas e nenos a partir de 12 anos):
"La canción de Shao Li" de Marisol Ortiz de Zárate, editado por Bambú.
Natalia é seleccionada para participar nun programa televisivo navideño que se grabará en Londres. Vai cantar unha canción chinesa que aprendeu da súa amiga Shao Li, no centro de acollida onde estivo, co fin de gañar o premio que lles solucione os problemas económicos a ela e a súa familia. No tumulto do metro londinense Natalia e o seu irmán Airon despístanse da nai e do seu mozo, as rúas frías e inhóspitas de Londres convírtense no seu “bosque tenebroso” particular.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"Sete caveiras" de Elena Gallego Abad, en Xerais.
Marta Vilas xornalista de profesión, persegue a resolución dun caso para o xornal no que traballahttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110901. Unha serie de cadáveres aparecen aboiando na ría de Vigo, dos cales a propia xornalista é testemuña da aparición do primeiro, o que lle facilita atopar un pequeño click de Famobil que caeu do peto do morto. Estes pequenos bonecos van aparecendo nos lugares onde se van atopando os corpos; cada click representa un motorista, un representante das forzas e corpos de seguridade do estado, un pirata, un pallaso... actividades relacionadas coas profesións dos asasinados… 
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Máis de 3.400 alumnos-as dos centros de ensino público de Oleiros participarán nas actividades de promoción da lectura de marzo a maio

 http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
Un curso máis as Bibliotecas Municipais de Oleiros presentamos a Programación de actividades de promoción da lectura, dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público deste Concello, co obxectivo de fomentar a lectura, así como que coñezan algunhas das bibliotecas municipais para que as visiten e utilicen no horario en que non permanecen nos seus respectivos centros de ensino, que se van levar a cabo desde marzo a finais de maio.
Participarán máis de 3400 alumnos e alumnas e ofertaranse 31 actividades diferentes para que o profesorado de cada un dos centros de ensino público de Oleiros seleccione as que mellor se adaptan á súa programación escolar.
 
En función da idade, do curso que estean realizando e da selección de cada centro de ensino, o alumnado poderá coñecer a mitoloxía da antiga Gallaecia, gozar con contacontos, espectáculos de música, baile, maxia, recitais de poesía e xogos de palabras; realizar obradoiros de ilustración, banda deseñada, poesía ou curtametraxes; ter encontros con escritores/as; visitar a biblioteca central  e aprender a realizar buscas no catálogo bibliográfico; achegarse á produción literaria de autores/as como Álvaro Cunqueiro, Ánxel Fole, Emilia Pardo Bazán, Xosé Miranda, Antonio Machado, Pedro Salinas, Edgar Allan Poe, Xabier P. Docampo ou Roald Dahl; coñecer mellor a literatura galega actual ou a obra fundamental da literatura española “El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha”; e recorrer lugares do municipio nos que viviron mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles. 

Todas estas son actividades coas que pretendemos fomentar o acceso ao libro e á lectura en condicións de igualdade para todos os cidadáns. Desde as bibliotecas municipais de Oleiros traballamos para conseguir novos e mellores lectores e lectoras que contribúan a crear unha sociedade máis culta libre e solidaria.

23/2/15

24 de febreiro: Soledad Felloza con "A cociñeira do rei" para alumnado do CEIP Valle-Inclán

http://soledadfelloza.com/
Ás 9:20 e ás 11:00.
 
Actividade dirixida ao alumnado de 2º A, B e C de Educación Primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.
A cargo da autora, actriz e contacontos Soledad Felloza.

"A cociñeira do rei" obra reivindica a memoria dos sabores, como parte da identidade, a investigación de receitas tradicionais e a recuperación de receitas familiares ou da zona. Mergúllanos nun mundo de cores, sabores e olores característicos da cociña tradicional, a que se fai a lume manso, con amor e produtos frescos da terra. Coas súas mellores receitas, preséntanse en palacio cociñeiros de todos os lugares. E tamén Mencía, unha cociñeira decidida que, malia ter visto que no bando poñía claramente que buscaban un cociñeiro, non se acovarda e, botando man do recetario da súa avoa, que contén un segredo moi particular, elabora un menú que chega directo ao corazón do rei. Cal pode ser o segredo?

Tertulia literaria en Santa Cruz: 23 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20647.pdf
http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2008/06/08/0003_6886602.htmNa Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "Atracción total" de Carmen Blanco.

A seguinte obra programada é "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 23 a 27 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 23 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Bicos con leite”
 

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 24 de febreiro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de adiviñas e agasallos”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 25 de febreiro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Sopa de contos”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 26 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Palma repalma”
 

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 26 de febreiro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos que leva o vento”
 

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 27 de febreiro
(Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664257) 
Quedan prazas!!! 
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: “Lobo bobo”

O primeiro Picasso: expo de libros na Biblioteca de Lorbé

 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=su&q=picasso&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&limit=branch%3AOLE7&sort_by=title_az&addto=
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=su&q=picasso&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&limit=branch%3AOLE7&sort_by=title_az&addto=A exposición de libros que podes contemplar na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé axudaráche a completar a visita á exposición que se lle adica ao pintor malagueño no Museo de Belas Artes da Coruña. A relación de Picasso coa cidade herculina é un dos seus períodos máis descoñecidos pero non por iso menos importantes. Anos fundamentais na súa formación como artista e na súa traxectoria vital que agora podes contemplar nesta exposición e profundizar nestes libros que che ofrecemos.