24/10/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 27 a 30 de outubro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todos os actos se celebrarán ás 18:30 agás a primeira sesión da Biblioteca de Dorneda que dará comezo ás 17:00
 


Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 27 de outubro
Para nenas-os de 2 a 4 anos ás 17:00
Para nenas-os de 5 a 8 anos ás 18:30
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638)
COMPAÑÍA: Nita
TÍTULO: “A ciencia é divertida”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 29 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A viaxe de Lup”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 30 de outubro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Fábulas no berce”
 
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

27 de outubro: Inicio tempada na Tertulia Literaria da Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-20157.pdf
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18,30 a 20.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "En el tiempo de las mariposas" de Julia Álvarez

Outros actos:
- Presentación de "Remontar o río" de Helena Villar Janeiro

Datas:
- Outubro: día 27
- Novembro: días 10 e 24
- Decembro: día 15

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera

Recomendacións en Radioleiros: 24 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35613707/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111149- Infantil (maiores de 4 anos):
"Quen lle ten medo a Carapuchiña Vermella?" de Sara Sahinkanat, Ayse Inan Alican en Linteo.
Mellor libro ilustrado no ano 2009. É un simpático álbum que se adentra no clásico conto da Carapuchiña pero cunha nova visión dos perigos. Porque os lobos están fartos de ser sempre os malos dos contos e o protagonista desta historia é un lobiño moi enxeñoso.
- Mozos-as e adultos:
"El poder de las caricias" de Adolfo Gómez Papí, editado por Espasa.
O autor, médico pediatra e membro da Asociación Española de Pediatría e do Grupo de Formación da Iniciativa ao Nacemento e á Lactancia, plasma toda a súa experiencia e formación neste libro. No que avoga pola enorme importancia que teñen os vínculos afectivos entre pais e fillos, os contactos pel con pel son momentos imprescindibles para un mellorhttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=poder+de+las+caricias&idx=ti desenvolvemento emocional e social dos nosos fillos e fillas.
Pódese atopar na Sección de Documentación da Muller na Biblioteca de Santa Cruz na exposición que temos relacionada co embarazo, lactancia e primeiros anos dos nenos e nenas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/10/14

Maxia, teatro, música, contacontos, sobres sorpresa e agasallos de libros de 20 a 24 de outubro para conmemorar o Día da Biblioteca

O 24 de outubro conmemórase o Día da Biblioteca, co obxectivo de difundir a existencia dun servizo público de proximidade á cidadanía que contribúe de xeito eficaz a promover a lectura e a facilitar o acceso á cultura, á información e ao coñecemento a todas as persoas.
Para conmemorar esta data, durante toda a semana, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo unha serie de actividades de maxia, teatro, música, contacontos, sobres sorpresa e agasallos de libros.
 
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Para nenas e nenos:
Día 23, ás 18:30 horas, “Contos ao revés” a cargo da Compañía Xanela ocio.
Queres divertirte con música, teatro e danza? Se tes máis de 6 anos participa nesta actividade de dinamización na que se mestura música, teatro e danza achégate á Biblioteca Rialeda en Perillo para ver o espectáculo “Contos ao revés” narrando historias onde as bruxas son boas e fomentando a igualdade e o respecto.
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Para mozas/os e adultas/os: Día 22: Tertulia literaria e taller de lectura, co grupo B, para comentar a obra “Prisioneros en el paraíso” de Arto Paasilinna e entrega de “El estandarte” de Alexander Lernet-Holenia.
Día 24: Sobre sorpresa
Suxerimos unha “cita a cegas” con libros e películas, baixo  títulos ficticios como “A mordiscos”, “Onde a imaxinación te leve”, etc. Queremos "xogar" coa curiosidade do lector ou lectora que leve o "sobre sorpresa" en préstamo e contar coa súa complicidade. Os distintos sobres contarán cun libro máis un DVD relacionados pola temática, argumento, lugares comúns, etc.
Para todas/os:
Agasallo dun libro a todas as persoas que o día 24 leven fondos bibliográficos en préstamo.   
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Días 20 e 24, ás 18:30 horas, “Bibliotecas animadas” a cargo de Gargallando.
Apetéceche participar nun obradoiro de creación de imaxes en movemento? Se tes entre 6 e

12 anos e se che gustaría participar nun obradoiro de creación de imaxes en movemento debes inscribirte na actividade “Bibliotecas animadas” na Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda. Realizarase os días 20 e 24 de outubro, ás 18:30 horas. Un obradoiro onde se afondará nas propias capacidades creativas desde diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectarase aos nenos e ás nenas co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas, (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638).
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Realiza o encrucillado “A biblioteca e o seu contido”: Entregaremos pasatempos, (encrucillados, sopa de letras...) que deberán resolver para atopar nuns casos a palabra oculta e noutros as diferentes cousas que se poden atopar ou facer na biblioteca.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL FEDERICO GARCÍA LORCA. MONTROVE
Día 21, ás 18:30 horas, “Lobo Bobo” a cargo da Compañía Elefante Elegante.
Que pasaría se o lobo da Carrapuchiña se fixese vexetariano? Se o desexas saber, asiste o 21 de outubro, ás 18:30 horas,  á Biblioteca Municipal Federico García Lorca de Montrove,
onde terá lugar a actividade de narración oral titulada “Lobo Bobo” dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos. Que acontecería se a madrasta de Branca de Neve se convertese nun dos tres porquiños cada vez que se mira no espello? A resposta a estas e outras preguntas poderás descubrila en “Lobo Bobo”.
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Bibliotecas cheas de libros e libros cheos de bibliotecas:
Exposición de fondos bibliográficos especiais que falen das bibliotecas ou nos que algún personaxe é bibliotecario/a.
Sorteo de libros ás persoas que ese día leven fondos bibliográficos en préstamo.


BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Día 21, ás 18:30 horas, “O soño do rato” a cargo de Intres Teatro.
Queres coñecer a historia do rato César? Se tes máis de 3 anos, achégate o 21 de outubro, ás 18:30 horas, á Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros terá lugar a actividade de
narración oral “O soño do rato”. O Soño do rato conta a historia do rato César. O seu soño é viaxar no tren que transporta libros para a biblioteca. Unha historia onde a ilusión por coñecer será tan forte que vencerá os seus medos.
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Realiza o encrucillado “A biblioteca e o seu contido”: Entregaremos pasatempos, (encrucillados, sopa de letras...) que deberán resolver para atopar nuns casos a palabra oculta e noutros as diferentes cousas que se poden atopar ou facer na biblioteca.
Os teus debuxos: Todas as nenas e nenos que o desexen están invitados a realizar unha ilustración ou un debuxo sobre o último libro que leron.
Elabora un cartel: Elaboración de carteis alusivos á celebración.


BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
Día 22, ás 18:30 horas, Chrystyan Magic: “Na senda da serpe alada”.
Queres descubrir a maxia que se esconde nos libros? Levarase a cabo a actividade de maxia “Na senda da serpe alada” na que o mago Chrystyan Magic descubrirá a ilusión, a fantasía
que se esconde en todos os libros e na lectura só con deixar voar a imaxinación e poñer en práctica a súa creatividade. Cando a imaxinación camiña sobre as palabras, infinitas posibilidades se abren ante nós.
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Os teus debuxos: As nenas e nenos que o desexen están convidados a realizar unha ilustración ou un debuxo sobre o último libro que leron.
Cal é a túa opinión sobre o último libro que liches: Aos mozos/as e adultos/as preguntarémoslle a súa opinión sobre o último libro que leron.
Sorteo de libros a todas as persoas que ese día leven fondos bibliográficos en préstamo.


BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Día 23, ás 18:30 horas,“Maxia versus Ciencia” a cargo da Compañía A Illa d@s nen@s.
É maxia ou é ciencia? Os nenos e as nenas maiores de 7 anos, poderán gozar co
espectáculo titulado “Maxia versus Ciencia” a cargo da Compañía A Illa d@s nen@s. Un proxecto para que gocen da maxia e a ciencia mesturando o coñecemento coa ilusión.  Unha científica reta a un mago con experimentos sobre: cores, astronomía, matemáticas, etc. que o mago irá complementando cos seus xogos de maxia.
Actividade incluída no programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
Concurso de debuxos “Ti e a biblioteca”, dirixido a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. 
Obradoiro de marcapáxinas para usuarios/as de entre 3 a 14 anos.
Agasallo dun pin de Bibloleiros  a todas as persoas que ese día leven fondos bibliográficos en préstamo.


BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Día 24, ás 18:30 horas, “Contos viaxeiros” a cargo de Ramiro Neira.
Se tes máis de 3 anos e queres divertirte cos contos de Ramiro Neira, achégate, o día 24, á Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós. Nesta actividade de narración oral contaranse os seguintes contos: “A formiga rebelde”, “O ruxido do león”, “O conto baleiro” e  “Un alto no camiño”.
Obradoiro de marcapáxinas: Cada usuario/a decorará un marcapáxinas ofrecido pola biblioteca. 
Exposición de marcapáxinas: Todos os marcapáxinas realizados no obradoiro serán expostos nos taboleiros da biblioteca.
 
BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Obradoiro de marcapáxinas: As nenas e os nenos que o desexen están invitados a  pintar e decorar os marcapáxinas do Día da Biblioteca. Os máis creativos tamén poderán elaborar os seus propios marcadores coa axuda dos libros de manualidades que temos na biblioteca.
Exposición de marcapáxinas: Todos os marcapáxinas realizados no obradoiro serán expostos nos taboleiros da biblioteca.
Realiza o encrucillado “A biblioteca e o seu contido”: Entregaremos pasatempos, (encrucillados, sopa de letras...) que deberán resolver para atopar nuns casos a palabra oculta e noutros as diferentes cousas que se poden atopar ou facer na biblioteca.
 
Todas as actividades poderán consultalas na páxina web do Concello de Oleiros, na sección de bibliotecas, e tamén no blog das bibliotecas municipais.