23/5/14

Recomendacións en Radioleiros: 23 de maio

http://www.ipernity.com/doc/284673/32900625/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=106348- Infantil (a partir de 6 anos):
"Paxaro de mar e vento" texto de Tucho Calvo e ilustracións de Xosé Cobas, en Biblos.
Fermoso álbum que nos fala do nacemento dunha nova ave “a astrófuga mariña”. Unha ave que nace da imaxinación dunha nena, Mar, que recorría a praia do Vilar en compañía de súa nai para recoller cunchas e crebas. Buscando atoparon un nobelo de pequenos restos de herbas, xuncos, canas, tan ben feito que mesmo parecía un niño, pero non tiña paxaro. Onde estaba? E así é como xurdiu a astrófuga mariña. Unha ave “filla do vento, da area, do mar e da imaxinación” que naceu coas características que lle foi adxudicando esta nena, segundo a ela lle gustaba que fose. 

Os textos están acompañados dunhas delicadas e belas  ilustracións que cobren páxinas enteiras e que nos van describindo o que está acontecendo. Poderemos gozar contemplando ilustracións nas que predominan os tons azuis do ceo e o mar; ou verdes, azuis  e ocres do mar e a area, toda unha beleza para os sentidos. Unha obra de gran sensibilidade que ao mesmo tempo que nos presenta este relato tamén nos di, ao final, que quizais a imaxinación das nenas e nenos actuais faga algo por remediar no futuro a suciedade que mancha o mundo, o lixo que moitas veces se acumula nas praias ou que contamina o mar.

- Mozos-as e adultos-as:
"Nimbos" de Xosé María Díaz Castro, editado por Galaxia
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=d%C3%ADaz+castro&idx=ti&q=nimbos&idx=pb%2Cwrdl&q=galaxia&sort_by=relevance&do=AceptarEste ano o Día das Letras Galegas dedicouse ao poeta Xosé María Díaz Castro e desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros non queremos que pase o mes de maio sen recomendar a principal obra deste autor Xosé María Díaz Castro naceu en Guitiriz (1914-1990), estudou no Seminario de Mondoñedo, exerceu como profesor de ensino medio no colexio Leon XIII de Vilagarcía de Arousa. 

Despois de licenciarse en Filosofía e Letras pola Universidade de Salamanca, marchou para Madrid onde alternou a docencia co seu traballo de tradutor no Ministerio de Gobernación, posteriormente no Instituto de Cultura Hispánica e despois no Consello Superior de Investigacións Científicas. Ademais do español e o galego dominaba un gran número de linguas europeas: francés, inglés, alemán, italiano, portugués, holandés e linguas escandinavas,  polo que se inscribiu na Asociación Española de Traductores e Intérpretes. Traduciu ao español e ao galego escritores europeos tan coñecidos como: Lamartine, Rimbaud, Chesterton, Claudel, Yeats, Walt Whitman, Eliot, etc. Destacando sobre todo as súas versións de Rilke. Traducindo tamén ao inglés obras de escritores españois  como por exemplo Rafael Alberti ou Federico García Lorca. 

A Díaz Castro xunto con Iglesia Alvariño e Crecente Vega solen incluílos no grupo de Escritores humanistas da literatura de posguerra. A súa obra máis importante é Nimbos, publicada por primeira vez no ano 1961. Consta de 32 poemas distribuídos en sete apartados denominados: Pórtico, Noite, Lus, Espranza, Milagre, Soño e Ferida. Segundo Carballo Calero, "Xosé María Díaz Castro restaurou a poesía humana" e para Fernández del Riego “a súa lírica é unha das máis representativas do século XX, sendo fondamente galega, polo espírito que a informa, resulta universal pola altura e a verdade que encerra”. Segundo Armando Requeixo, outras liñas da súa poesía son “a reflexión poética, a dicotomía Luz/Sombra(s) coa relación Deus/Ser humano ao fondo; a importancia do Tempo e a Historia; a visión de Galicia...”
Unha das características da súa poesía é a forte unión coa terra, destacando o poema Penélope no que mostra unha Galicia auténtica. Este poema é o que comeza cos versos:

Un paso adiante e outro atrás,  Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove...
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23 de maio: "Hip-Hop, poema Pop" en As Torres de Santa Cruz

https://www.facebook.com/modestoscontos.debroadway
No Teatro "As Torres" de Santa Cruz
Hora: 10,40
Actividade dirixida ao alumnado de 1º A+B de ESO do IES María Casares



“Hip Hop, poema Pop”, con Modestos Contos de Broadway.
Concerto-obradoiro interactivo de música (rap), poesía, pintura (graffiti) e danza(break-dance) a cargo do Dj Julio Couselo e Juan C. Vázquez (compositor, pianista e pintor).

22/5/14

Quino: premio Príncipe de Asturias de Comunicación 2014

O humorista gráfico nado en Mendoza, Arxentina (1932) recibe o galardón no mesmo ano que se cumpre o 50 aniversario da súa popular creación “Mafalda”, obra amplamente traducida e levada tamén ao cine e á televisión.

Quino, cuxo nome é Joaquín Salvador Lavado, é fillo de emigrantes
andaluces e hai 24 anos adoptou a nacionalidade española.

Quino alcanzou a fama co personaxe de Mafalda, inicialmente creado para unha campaña publicitaria que non chegou a realizarse, o que fixo que pasase ao medio impreso a través de tiras cómicas no semanario Primera Plana de Bós Aires, aló por 1964.

O engado de Mafalda é a visión do mundo adulto dende a perspectiva infantil. A protagonista é irónica, intelixente, nada conformista e sempre cuestionando o mundo adulto, comprometida coa paz e os dereitos humáns e, en consonancia coa época na que foi creada, amante dos Beatles.

Información tomada de: El Heraldo
Máis información na páxina oficial do Premio Príncipe de Asturias

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ofrecemosche unha pequena exposición de obras de Quino, ademáis das que podes atopar e levar en préstamo nas oito bibliotecas do Concello.


22 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María

http://www.yolandacastano.com/comezo.htm
Obradoiro infantil de perfeccionamento de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira.

Ás 9:45 h. para o alumnado de 6º Primaria B, e ás 11:30 para 6º Primaria C.  


Consulta a dispoñibilidade das obras de Yolanda Castaño nas nosas bibliotecas

20/5/14

Tertulia literaria en Rialeda: 21 de maio (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah.
Documentación
Obras de Kader Abdolah nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Antoloxía do conto galego: século XX" da Editorial Galaxia.

21 de maio: Manel Cráneo na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz

http://craneomortem.blogspot.com/
Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz a cargo de Manel Cráneo:
 

21 de maio:
- Ás 11:00 h. para alumnado de 5º B de Primaria do CEIP Luís Seoane.

O ilustrador Manel Cráneo achégase á Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para amosar o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga este folleto.

Hora do conto: de 20 a 23 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-17363.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoBiblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 20 de maio
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO:  “O paxaro que bebe aire”, “Un soño no fondo do mar”
 
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 21 de maio
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: A miña familia mola!!!: “Brais ten dúas nais”, “Tango para tres”
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 22 de maio
Para nenos-as de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511):
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULOS: “Contos para bebés”
Para nenos-as de 5 a 10 anos:
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: “A buscar o que se perdeu”: “Os catro amigos”, “Peluche”
 
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 23 de maio
CONTACONTOS: Marta Ríos
TÍTULOS: “Zogloboló”, “O longo inverno”, “O pequeno vagalume”

(Lembramos que os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente. A sesión para nenos-as de 1 a 4 anos se realizará ás 17:00, e as demáis ás 18:30)

19/5/14

20 de maio: Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

Actividade dirixida ao alumnado de Educación Infantil e Primaria dos Centros Públicos do Concello de Oleiros.
 
"Príncipas e Princesos": relatos a favor da Igualdade con Pablísimo.

- 12,10 h.- Educación Infantil (3 anos) A e B do CEIP Parga Pondal.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 19 de maio

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18,30 a 20 h.

Comentario da obra "La vida de las mujeres" de Alice Munro.
Obras de Alice Munro nas nosas bibliotecas.


O vindeiro 2 de xuño ás 18,30 h. teremos un encontro literario con Anxos Sumai, autora do libro "Así nacen as baleas" que foi lido neste grupo de lectura o pasado mes de febreiro.