5/6/20

Recomendacións en Radioleiros: 5 xuño 2020

https://youtu.be/YgPYXbdY--w
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1480719&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

A meiga chuchona, de Jacobo Paz Limia con ilustracións de Xosé Tomás
Baía - Dispoñible en Galiciale

Unha nena escoita ruídos estraños de noite e ponse a investigar. Será que a súa avoa é unha meiga chuchona?.

Libro pertencente a unha serie adicada ao conto imaxinario galego.

+ en Bibloleiros sobre bruxas e avós/oas e net@s

- Moz@s e adult@s:

Diario del Polo Sur: El último viaje, 1911-1912, por Robert Falcon Scott
Interfolio

Crónica da última viaxe protagonizada por Scott e os seus homes que aínda hoxe suscita opinións diversas. Unha traxedia en estado puro.

+ en Bibloleiros sobre descubrimentos e exploracións

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/6/20

Chegou a hora da Natureza!!! #PolaNatureza

https://www.worldenvironmentday.global/es
Os alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, non existirían sen a natureza. As plantas mariñas producen máis da metade do osíxeno da nosa atmosfera e unha árbore é capaz de limpar o noso aire absorbendo 22 quilos de dióxido de carbono e dándonos osíxeno a cambio. A pesar de todos os beneficios que nos agasalla a natureza seguimos maltratándoa, por iso precisamos traballar por ela e por iso necesitamos este Día Mundial do Medio Ambiente. Colombia é o país anfitrión este ano, e desde 1974, o 5 de xuño é o día máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas para fomentar a acción ambiental. En 2020 o tema é a biodiversidade. Eventos recentes, como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia de COVID-19, demostran a relación directa entre as persoas e a incidencia sobre o clima.
https://youtu.be/5gQUo_P22sM
Na web do Día Mundial do Medio Ambiente do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente podes atopar moita información sobre esta celebración, a súa historia, e noticias como a conexión entre o medio ambiente e os coronavirus así como unha gran cantidade de materiais visuais en diferentes idiomas para difundir a mensaxe "A hora da Natureza".
Fonte: Nacións Unidas
Queremos recomendarvos o fermoso libro "O home que plantaba árbores" de Jean Giono, resultado do encargo que recibíu o autor en 1953 da editorial Reader's Digest, de escribir un  relato sobre unha persoa inesquecible que Giono fixo sobre un personaxe inventado. Hai moitas versións por todo o mundo, tamén versións sonoras. En 1987, Frédéric Back realizou unha curta de animación basada no texto, que obtivo o Óscar.
Se queres a versión en castelán, "El hombre que plantaba árboles", podes levala tamén en préstamo. Lembra que para levar materiais a casa ou facer devolucións, has de pedir cita previa.