- Infantil - xuvenil:
"Mi hermano persigue dinosaurios: la historia de Gio, un niño con un cromosoma de más" de Giacomo Mazzariol. Editado por Nube de tinta.
Este libro, que comezou sendo un video que o autor lle fixo ao seu irmán, foi tan viral que se converteu nun fenómeno instantáneo en Italia. O día que os seus pais lle anuncian a Giacomo que ía ter un irmán foi moi especial, pero cando naceu Giovanni (Gio) e escoitou as palabras “síndrome de Down”, todo foi decepción. O libro trata da loita persoal do autor para superar a vergoña inicial. De como se deixou contaxiar pola vitalidade de Giovanni ata converterse no seu mellor amigo. Un amigo ao que lle encantan os dinosauros, a cor vermella e que ten un sorriso máis ancho que os seus lentes.

- Mozas-os e adultas-os:
"Blues para Moraima" de Miguel Anxo Fernández. En Galaxia.
Segundo palabras do propio autor, “Blues para Moraima” é unha novela na que se mestura o thriller político e a memoria histórica, xa que transcorre en dous mundos: un centrado na guerra civil española, a diáspora e o exilio e outro que conta a historia dun vello cineasta exiliado que nos anos 80 regresa a España para traballar nunha serie sobre a memoria histórica e que dá pé a toda a trama posterior. Grazas aos diferentes puntos de vista,“Blues para Moraima" constitúe un percorrido intelixente e efectivo polo noso pasado ao son de blues e con intrigas do mellor thriller.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.