11/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 14 a 18 de setembro 2020

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 14 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Bibliotemaxia”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 15 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Bandullo Azul
TÍTULO: “C@anta contos - Filipa cos contos”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 17 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Historias da marquesa”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Cantacontos”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “A maxia de Mary Poppins”

                                                                        AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 11 setembro 2020

- Inf
antil:
 
"Somos os monstros" de Paula Carballeira; ilustracións de Ignacio Hernández. En Xerais. 
 
O texto, que foi X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, tráenos unha historia dunhas-duns nenas-os que se meten no bosque despois dun lume. O medo ao descoñecido e a propia natureza humana son tratados por Paula Carballeira coa súa calidade habitual.
 
- Mozas-os e adultas-os:
 
"Los europeos: tres vidas y el nacimiento de la cultura cosmopolita" de Orlando Figes. Editado por Taurus.
 
Os camiños de ferro comezan a transformación cultural de Europa a mediados do século XIX. Un tempo de mellora das comunicacións que posibilitou a suba das edicións de libros, traducións de autores estranxeiros, concertos musicais cos propios autores, mostras pictóricas e outras manifestacións que conformaron un canon cultural europeo. Un libro oportuno que mestura as grandes mudanzas coas anécdotas e os detalles íntimos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

8/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto, de setembro a novembro, nas Bibliotecas Municipais. Gózaas!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os entre os meses de setembro e novembro as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
 
Participarán Charo Pita, Fátima Fernández, Trémola Teatro, Os monicreques de Kukas, Títeres Cachirulo, Soledad Felloza, Ramiro Neira, Anxo Fariña, Ana Facchini, Eduvía, Paula Carballeira, Animar-t, Migallas Teatro, Caxoto, Leo Leiño, Pablísimo, Carmen Domech, Bandullo Azul, O mago Paco, Raquel Queizás, Pavís Pavós, María Canosa e Moc Moc MeRe Clown. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
 
Accede a toda a info nesta ligazón!!!

AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.