9/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 9 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43995604/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=951739- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Super Patata", guión e debuxos de Artur Laperla. Editado por Bang.
O doutor Malévolo converteu a Supermax, o defensor da xustiza, nunha pataca e ameaza con seguir transformando en tubérculo a todos os que lle leven a contraria. Co que non contaba é que Supermax non é unha pataca calquera. Unha mestura da banda deseñada clásica e a futurista, con cores moi marcadas. Aposta da editorial barcelonesa Bang por unha serie de banda deseñada para nenas e nenos de máis de seis anos.

- Mozas-os e adultas-os:
"Colmeiro por si mesmo" de Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa. En Xerais.
Tres conversas co artista a finais da década de 1980 por Xosé Antón Castro e Carlos G. Reigosa dan as claves para entender a vida e obra dunha das figuras da renovación da arte galega xunto con Maside, Laxeiro, Torres e outros. Unha fusión da tradición coas vangardas
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1084225 nun libro apoiado cunha antoloxía das súas obras e un apéndice fotográfico.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Eduardo Mendoza: Premio Cervantes 2016

https://youtu.be/_CO1Fug6jw0
A Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, a Biblioteca Central Rialeda de Perillo e a Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda adican senllas exposicións bibliográficas ao escritor Eduardo Mendoza, galardonado co Premio Cervantes 2016, outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.
 

Eduardo Mendoza (Barcelona, 1943) iniciou a súa carreira literaria en 1975, coa publicación  de “La verdad sobre el caso Savolta”, que recibiu o Premio da Crítica. Desde entón publicou 15 novelas, dous libros de relatos, dúas obras de teatro e catro ensaios. O xurado, segundo recolle a acta, outorgoulle o premio, porque, "coa publicación  da súa primeira novela  inaugura unha nova etapa da narrativa española na que se devolveu ao lector o goce polo relato e o interese pola historia que se conta, que mantivo ao longo da súa brillantehttp://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rosalia-castro-sta-cruz carreira como novelista".

O premio Cervantes coroa a lista de galardóns á súa obra, que inclúe o Planeta, recibido en 2010 por “Riña de Gatos”, e o José Manuel Lara por “Mauricio o las elecciones primarias”, en 2007.
A súa consagración chegou en 1986 con “La ciudad de los prodigios”, unha novela que mostra a evolución social e urbana de Barcelona entre as exposicións universais de 1988 e 1929.
Mendoza alcanzou un gran éxito de vendas coa serie protagonizada por un peculiar detective ingresado nun manicomio (“El misterio de la cripta embrujada”, “La aventura del tocador de señoras”) que mestura a parodia co xénero policiaco. A súa última obra “El secreto de la modelo extraviada", é a quinta entrega da serie.

Sen esquecernos do simpático extraterrestre que pasea polas Ramblas barcelonesas de "Sin noticias de Gurb". O flamante premio Cervantes é un amante declarado das historias para teatro e cine.
Parabéns Eduardo!!!