11/3/16

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (marzo 2016)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-23579.pdf
40 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Hora do conto e obradoiros infantís de 14 a 18 de marzo de 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23314.pdf
Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 14 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Raquel Queizás
TÍTULO: “Contos me río: contos para rir...”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 16 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Chsssssss!”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 17 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contos para pingüiniños e pingüiniñas”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 18 de marzo
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de papiroflexia”

Actividades de fomento da lectura: de 14 a 18 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Dentro do programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, temos esta semana:

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 14 de marzo:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 1º e 2º de EP do CEIP Nós (Nós) e 1º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 1º B e C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.
Venres 18 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 2º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Maxia cómica", a cargo de Leo Leíño
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 16 de marzo:
- 10:10 h. - 5 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Riciños de ouro", a cargo de Trinke Trinke

Xoves 17 de marzo:
- 10:15 h. - 6º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Venres 18 de marzo:
- 10:10 h. - 3 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Cueiros de cores", a cargo de Trinke Trinke
- 11:20 h. - 4 anos do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Un nacemento especial", a cargo de Trinke Trinke

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 15 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 2º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 2º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.

Xoves 17 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 1º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Un nacemento especial", a cargo de Trinke Trinke

Recomendacións en Radioleiros: 11 de marzo

  http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203908- Infantil (6 a 8 anos):
"O rato avó e o muraño" texto de Oli, ilustracións de Ramón Trigo. En Xerais.
O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos. Rosendo pasa unha chea de tempo na casa do seu amigo Benxamín onde o rato avó cóntalles historias de ratos atrevidos, donicelas torpes, musarañas intelixentes…
Un conto sobre a socialización e a capacidade de integración e axuda entre amigos, para os máis pequenos.
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1202453- Mozos-as e adultos-as:
"El teniente Sturm" de Ernst Jünger, editado por Tusquets.
No frente de Flandes na I Guerra Mundial, o tenente Sturm escribe as observacións sobre o día a día. Lector consumado, mestura a experiencia pasada coa camaradería dunha guerra que fai que cada día poda ser o último. Un texto de contido humano que mestura sensibilidade e asepsia.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/3/16

As “8 Marías” da cultura galega

As Nacións Unidas estableceron o 8 de marzo como “Día Internacional da Muller” para conmemorar a loita feminina pola súa participación igualitaria no mundo do traballo, a política e na sociedade en xeral.

Vense “celebrando” en todo o mundo dende o ano 1975. Pero a loita das mulleres por un mundo máis equitativo está presente en todos os séculos da nosa historia.

Dende a Biblioteca e Centro de Documentación da Muller “Rosalía de Castro” presentamos 8 exemplos de mulleres galegas que destacaron, ao longo da historia, nalgunha faceta da vida.
1ª María Balteira - S.XIII
A máis sonada soldadeira da época medieval.
As soldadeiras eran mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar e

recibían por iso unha soldada, de aí o nome.
María Balteira aparece en varias cantigas de escarnio e maldizer.
Debeu ser un personaxe moi popular, pois é citada en 15 cantigas
 

2ª María Castaña - S.XIV
Unha rebelde do século XIV que se converteu nunha lenda popular.
María Castaña, encabezou unha revolta contra o señor feudal, frei Pedro López de Aguiar, bispo de Lugo.
Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz.
 

3º María Soliña- S.XV
Condenada pola Inquisición, converteuse no símbolo do sufrimento do pobo.
As mulleres tamén defendían as costas dos ataques piratas e moitas veces foron violadas e torturadas, ademais de roubadas. Posteriormente a estes feitos varias das mulleres que organizaron a resistencia nas costas do Morrazo foron acusadas de bruxería ante o Tribunal da Inquisición. Deste xeito, querían facerse coas súas pertenzas. María Soliña foi unha destas mulleres. Foi detida e morreu a causa das torturas, converténdose así nun símbolo do sufrimento do pobo.
 

4ª María Pita - S. XVI
Heroína da defensa da Coruña contra os ingleses. En 1589 a Armada Inglesa, dirixida polo

corsario Francis Drake, asediaba A Coruña, abriron unha brecha na muralla e comezaron o asalto da cidade vella, dirixidas por un alférez que portando a bandeira logrou subir á parte máis alta da muralla. María Pita matou ao alférez inglés, segundo a tradición berrando "Quen teña honra, que me siga", cousa que desmoralizou a tropa inglesa provocando a súa retirada.
 

5ª María Vinyals - S. XVIII
A Marquesa Vermella (1734-1808). Foi coñecida como Marquesa Vermella polas súas ideas progresistas.
Firme defensora dos dereitos das mulleres: defende a elevación do seu nivel intelectual, reclama para elas o dereito a voto e reivindica a igualdade xurídica de homes e mulleres.
María Vinyals foi unha adiantada do seu tempo, e en 1906 a Real Academia Galega nomeouna académica correspondente.
 

6ª María Dios - S. XIX
Unha independente e polifacética mestra.
Natural da Pobra do Caramiñal, trasládase a Santiago para formarse en pintura, música e francés. Exercerá como docente de debuxo na Escola de Artes e Oficios da Pobra.
Abandeirada  nunha época en que as mulleres estaban circunscritas ao coidado da casa e ás obrigas matrimoniais e a pesar dos prexuízos sociais existentes daquela e do seu vínculo familiar cun sacerdote, decidiuse a ser nai solteira.
 

7ª, 8ª As Marías - S. XX
Mulleres de luz nunha Compostela gris .
Cando Maruxa e Coralia, “as dúas en punto”, “as dúas Marías”..., saían á rúa a pasear vestidas coa roupa feita na casa, con teas de cores, alegres e vivas coma elas, os

estudantes chamábanlles “liberdade, igualdade e fraternidade”. Pero tras a sublevación militar franquista de 1936, coa súa represión feroz, a súa familia sería represaliada. Chamábanlles “roxas”, tratábanas de “putas”. A fame estivo presente diariamente nas súas vidas a partir de entón. Pero elas conseguiron crear un mecanismo de defensa para sobreviviren: tolearon.
Na biblioteca podes atopar información máis detallada sobre cada unha delas.
Durante todo o mes de marzo e periódicamente neste blog iremos aumentando a información sobre estas 8 “Marías galegas” e as súas vidas.
 

Tertulia literaria en Rialeda: 9 marzo 2016 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23527.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La mujer de un solo hombre" de A. S. A. Harrison.
Documentación

A seguinte obra programada é "La buena reputación" de Ignacio Martínez de Pisón.

7/3/16

Hora do conto e obradoiros infantís de 7 a 11 de marzo de 2016

Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 7 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)

MONITORADO: Teatro Babaluva
ACTIVIDADE: “Obradoiro de ilustración Ñam”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 8 de marzo
Para nenas-os maiores de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
MONITORADO: Viravolta Títeres
ACTIVIDADE: “Obradoiro de papiroflexia”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 9 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contando coa igualdade”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 10 de marzo
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lili Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Querida ovella negra”

Biblioteca Central “Rialeda”. Perillo
Xoves 10 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A visita do oso”

Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 11 de marzo
Para nenas-os de 3 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
MONITORADO: Xandobela
ACTIVIDADE: “Pan e auga? Sopas!”

Adivina Producciones pon a disposición dos veciños-as de Oleiros unha colección en DVD das súas películas máis destacadas

http://www.adivina.com/index.php?lang=ga
Adivina Producciones quere celebrar os 20 anos da súa sede como produtora audiovisual en Oleiros coa entrega de 100 copias en DVD, con 10 das súas películas e documentais máis emblemáticos, que se poñerán a disposición dos veciños-as de Oleiros a través do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello.
O acto de presentación e entrega dos exemplares da colección terá lugar o mércores 9 de marzo, as 19:30h na Biblioteca Central Rialeda e contará coa presenza da produtora Susana Maceiras e do director Jorge Algora. Durante o mesmo proxectarase un vídeo cos adiantos da colección. 

Trátase das películas de ficción “O neno de barro” gañadora de 9 premios Mestre Mateo da Academia Galega, “Mentíndolle á vida” gañadora do Mestre Mateo á mellor película para televisión e “A pesar de todo… Quérote”, película rodada na súa maioría en Oleiros.

A entrega complétase cos documentais “Terra de náufragos”, que recolle as testemuñas dos protagonistas de diversos naufraxios nas costas galegas, “Emigrantes en terra de emigrantes” que monta un paralelismo entre os galegos que tiveron que emigrar nos anos 60, cos emigrantes que chegan a Galicia, “O reloxeiro” que afonda na vida de Evangelino Taboada, un mestre reloxeiro que sufriu a represión do franquismo, “A mirada de Anna” que conta a historia da Transición en Galicia a través das fotografías da reporteira Anna Turbau,  “Trawnco, reunidos xunto á auga” que narra as experiencias dun grupo de arxentinos que tras a crise do “corralito” constrúen o seu refuxio no campo, “Unitarias. Historia dun mestre galego” que  recolle os avatares dos mestres e alumnos das escolas do rural, e “Camiño de Santiago. A orixe”, unha visión histórica sobre os acontecementos de deron forma ao Camiño de Santiago.
Todas elas cun denominador común, foron creadas, producidas e postproducidas en Oleiros.

A intención de Adivina é que os veciños-as que se acheguen a colección poidan entreterse, descubrir lugares e personaxes vinculados co seu Concello, reflexionar sobre aspectos sociais e históricos que nos afectan a todos, e ter unha visión de conxunto sobre o seu traballo e a súa mirada sobre o mundo.

Presentación dos 5 primeiros contos de Cancodrilo nas Torres de Santa Cruz: xoves 10 de marzo

 http://www.edicioneslinteo.com/galego/novedades.html
O xoves 10 de Marzo, ás 18:30 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, Ediciones Linteo presenta a colección infantil Cancodrilo do autor galego Xabier López Mateos, con ilustracións de Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez e que fascinará a nenos/as e adultos/as.
Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil. Semella un neno que quere aprender e enfrontarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñano varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela e Laura.
 
Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferenzas aprendendo uns dos outros, descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en problemas, aprendendo cousas novas e útiles. As veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas, deste xeito os-as nenos-as síntense identificados cos personaxes.
Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos-as máis pequenos-as, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amizade así como de respecto. Estes valores intégranse e foméntanse nas series.

Actividades de fomento da lectura: de 8 a 11 de marzo

  http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122549&name=DLFE-23410.pdf
Dentro do programa de actividades de fomento da lectura que Bibloleiros organiza para os centro de ensino público do Concello e para o público en xeral, temos esta semana:

Na Biblioteca Central Rialeda
Mércores 9 de marzo:
- 18:30 h.
Adivina Producciones quere celebrar os 20 anos da súa sede como produtora audiovisual en Oleiros coa entrega de 100 copias en DVD, con 10 das súas películas e documentais máis emblemáticos, que se poñerán a disposición dos veciños-as de Oleiros a través do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello. Contará coa presenza da produtora Susana Maceiras e do director Jorge Algora. Durante o mesmo proxectarase un vídeo cos adiantos da colección.
Venres 11 de marzo:
-
1ª sesión: 10,20 h. - 2º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 2º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
 "A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 8 de marzo:
- 10,15 h. - 6º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal
"Obradoiro de marionetas de papel", a cargo de Viravolta Títeres

Mércores 9 de marzo:
- 10,10 h. - 2º de EP do CEIP Luís Seoane
"A favor da igualdade", a cargo de Caxoto.

Xoves 10 de marzo:
- 10,20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Nós e 3º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal
"Charlie e a fábrica de chocolate", a cargo de Soledad Felloza.
 
- 18,30 h. 
Presentación da colección infantil Cancodrilo de Ediciones Linteo, do autor galego Xabier López Mateos, con ilustracións de Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez.