28/4/17

Conferencias sobre Carlos Casares: 2 de maio

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-26029.pdf
Dentro do amplo programa que as Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicarán ao Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao insigne escritor Carlos Casares, un dos grandes autores galegos do século XX, e para conseguir os obxectivos de achegar a súa figura, dar a coñecer as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, estanse a levar a cabo en todas as bibliotecas municipais diversas actividades.

O día 2 de maio no Teatro As Torres de Santa Cruz realizaranse dúas conferencias sobre Carlos Casares (unha ás 10:30 h. e a outra ás 11:40 h.) a cargo do escritor, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e secretario da Real Academia Galega Henrique Monteagudo. Están organizadas polas Bibliotecas Municipais de Oleiros en colaboración coa editorial Galaxia e diríxense a alumnado de 4º de ESO e de 1º de bacharelato dos institutos deste concello.
Henrique Monteagudo, ademais de amigo persoal de Casares, traballou con el no Consello da Cultura Galega e é autor do libro “Carlos Casares un contador de historias: vida e obra” publicado pola editorial Galaxia no que ofrece, a modo divulgativo, unha aproximación á vida e obra de Casares.

Actividades infantís en Bibloleiros: de 2 a 5 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 2 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de camiños sen cancelas”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 3 de maio
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 62 63 38)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Miauuuu!!!”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 4 de maio
Para nenas-os de 7 a 10 anos (imprescindible reservar praza no 981 639 511)
MONITORADO: Crearte
ACTIVIDADE: “Arte nos libros: Picasso”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 4 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Viaxe a África”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 5 de maio
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 628 507)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos de ida e volta”

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros http://bibliotecasoleiros.blogspot.com e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 28 abril 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/28042017-recomendacions-en-radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1211917- Infantil (de 6 a 8 anos):

Quebracabezas, de Bianki
Kalandraka

Unha vez máis, Kalandraka edita un libro cargado de mensaxes: as igualdades, o respeto polas diferenzas e a importancia da reciclaxe, todo elo para poder vivir nun mundo mellor, no que ao final todo encaixa como nun quebracabezas. O libro empeza marcando as diferenzas para pouco a pouco ir salientando as igualdades… para sentenciar: “todos nós estamos feitos de po de estrelas”, ata chegar a un enorme despregable que nos invita a achegarnos entre todos. Ao final do libro, o autor proponnos un xogo que ten moito que ver coa mensaxe transmitida.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=charlotte&idx=au%2Cwrdl&q=foenkinos&idx=kw&q=&do=Busqueda&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=&sort_by=relevanceCharlotte, de David Foenkinos
Alfaguara

Foenkinos descubre nunha exposición en Berlín a Charlotte Salomon, unha semiesquecida pintora xudía que foi exterminada en Auschwitz aos 26 anos. Decide contar a súa vida, unha vida que xa empeza marcada pola traxedia, polo suicidio da súa nai sendo ela unha nena. Unha relación amorosa que deixará unha fonda pegada. A fuxida desde Berlín cara a Francia escapando dos nazis. Cando xa empeza a ser consciente do seu destino, pinta a súa autobiografía nunha obra titulada Vida ou Teatro que entrega ao seu médico, a única persoa na que pode confiar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 2 a 5 de maio 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 2 a 5 de maio:
 

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Mércores 3 de maio:
- 10:20 h. - 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.


Xoves 4 de maio:
- 10:20 h. - 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

 

Venres 5 de maio:
- 10:20 h. - 5º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 2 de maio:
- 1ª sesión: 10:30 h. - 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 1º de bacharelato do IES Miraflores (Oleiros)
"Conferencia sobre Carlos Casares", a cargo de Henrique Monteagudo.

Mércores 3 de maio:
- 10:20 h. - 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Poesía e teatro de Federico García Lorca" con Soledad Felloza.

Xoves 4 de maio:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 1º de bacharelato do IES Miraflores (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 4º de ESO e 1º de bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo)
"Deus sentado nun sillón azul", a cargo de Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros