11/3/22

"Voces de muller" con Black Dúo no Teatro As Torres de Santa Cruz

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 17 de marzo, ás 20:30 h., terá lugar a actuación musical "Voces de muller" con Black Dúo, en conmemoración do Día da Muller.

Neste concerto lembrarán a artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James, grandes figuras da música negra que tiveron unha enorme influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que van interpretar son: "At last", "Superwoman", "Say a little prayer" ou "My baby just cares"...

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19 será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa música. 

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 16 marzo 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de "El corazón helado" de Almudena Grandes
Documentación

Seguinte lectura: Escolma poética en homenaxe a Darío Xohán Cabana

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 15 marzo 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de A la caza del amor, de Nancy Mitford
Documentación

Seguinte lectura: República luminosa, de Andrés Barba

Hora do conto e actividades infantís: 16 a 18 de marzo 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos. 
- Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Mércores 16 de marzo 
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Unha excursión con final inesperado"
 
Xoves 17 de marzo 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Comechíns, segundo prato"

Venres 11 de marzo 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS:  Fran Amil
TÍTULO: “Cancións para enredar e contos para tremer... de ledicia"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Actividades de promoción da lectura: 14 a 18 de marzo 2022

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 14 a 18 de marzo:

Luns 14 de marzo:
- 10:15: alumnas-os de 6º de Primaria  do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Martes 15 de marzo:
- 10:30 e 11:45: alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"A metáfora visual" con Miguel Cuba.
Mércores 16 de marzo:
- 10:15 e 11:45: alumnas-os de 6º de Primaria  do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Xoves 17 de marzo:
- 10:30 e 11:50: alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Hércules e o xigante" con Quique.
Venres 18 de marzo:
- 9:00: alumnas-os de 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Ilustrando en verso" con Quique.

Martes 15 de marzo:
- 10:55: alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 17 de marzo:
- 11:20: alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Avó" con Ramiro Neira.
Venres 18 de marzo:
- 10:30: alumnas-os de 4º de Primaria do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Ramona Órbita" con Pakolas.

Recomendacións en Radioleiros: 11 marzo 2022

- Infantil (a partir de 5 anos):

Princesa Kevin, texto de Michaël Escoffier e ilustración de Roland Garrigue
Edelvives

Kevin ten moi claro cal será o seu disfrace para a festa da escola. Un conto para rachar con estereotipos de xénero.

- Mozas/os e adultas/os:

El colibrí, de Sandro Veronesi
Anagrama

O protagonista desta novela é o doutor Marco Carrera, oftalmólogo que exerce en Roma, ao que súa nai chamaba de neno colibrí pola súa escasa estatura.

A historia comeza coa visita inesperada do psicoanalista da súa esposa que, saltándose o segredo profesional para evitar un desastre peor, advírteo de que ela coñece o segredo que garda desde hai moito tempo. A partir de aí imos coñecendo a historia da súa vida e a da súa familia. Unha historia chea de infortunios e calamidades, pero, Marco Carrera, ao igual que o colibrí, ten unha gran habilidade para manterse en alto a pesar das adversidades...

Unha fermosa e emocionante novela sobre a dor, o amor e a necesidade de mirar cara o futuro con esperanza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

Obradoiros de Entroido e Parti Da Igualdade

- Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.

- Máximo de participantes en cada obradoiro: 15. 
- Hora: 17:30. 
- Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
 


Xoves 10 de marzo 
Aforo completo!!!
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado
 
Martes 15 de marzo 
Aforo completo!!!
OBRADOIRO DE ENTROIDO: Creación dun peliqueiro articulado
 
Xoves 17 de marzo 
Aforo completo!!!
OBRADOIRO PARTI DA IGUALDADE: Obradoiro temático en igualdade de xénero e creación dun xogo encamiñado a rachar cos estereotipos e roles sexistas.

10/3/22

Presentación da obra "Non debeu faltar" de José Lorenzo Tomé

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 10 de marzo, ás 20:00 h., terá lugar a presentación da obra "Non debeu faltar" de José Lorenzo Tomé.

Acto no que intervirán o autor, a profesora de Lingua Francesa Carmen Ares Noya e a profesora de Lingua Castelá e Literatura Esther Lorenzo García.

José Lorenzo Tomé é escritor e filósofo. Doutor en Filosofía e licenciado en Bioloxía. Exerceu como profesor de filosofía en diversos institutos de Galicia. Como autor, ademais desta obra, tamén ten publicado en narrativa libros como Bergan, Alma: un sopro de aire fresco, Delourando os días e A cidade branca e en ensaio Jürgen Habermas, Las identidades: las identidades morales y políticas en la obra de Jürgen Habermas, O silencio dos deuses: filosofía e literatura e Theodor W. Adorno: el rescate de la felicidad.

"Non debeu faltar" preséntanos o amor como un dos feitos máis extraordinarios da condición humana, pero a veces ese amor é declarado ilegal e os amantes son perseguidos, renovándose deste xeito a historia do amor condenado e prohibido. A resistencia e convicción, xunto coa lealdade dos amigos, provocará unha loita máis a favor do coñecemento e da liberdade. Unha novela que analiza o sentido da vida xunto coa reflexión sobre a inxustiza.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19 será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra.

7/3/22

Día Internacional da Muller en Bibloleiros: A FAVOR DA IGUALDADE

- Exposicións bibliográficas en todas as bibliotecas.

- Actividades para público infantil:
Todas as sesións infantís levaranse a cabo ás 18:30 h. e estarán dirixidas a nenas e a nenos a partir de 6 anos.
3 de marzo: "Contos pola igualdade" a cargo de Lía Magalia na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
7 de marzo: "Irene no Senegal" a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
8 de marzo: "Eu non quero" a cargo de Ana Carreira na Biblioteca Manuel María (Oleiros).
9 de marzo: "Unha nena moi, moi valente" a cargo de Trémola Teatro na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
10 de marzo: "Iguais e diferentes" a cargo de Expresión Producións na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
10 de marzo: "Uns lentes diferentes" a cargo de Proyecto Bululú na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
11 de marzo: "Contos diversos" a cargo de Miguel A. Alonso Diz na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).
11 de marzo: "Pioneiras" a cargo de Ramiro Neira na Biblioteca Ánxel Fole (Nós).
 
- Actividades para a mocidade e público adulto:
17 de marzo, ás 20:30 h.: Actuación musical Voces de muller a cargo de Black dúo, no Teatro As Torres (Santa Cruz).
Neste espectáculo lembrarán artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James,  grandes figuras da música negra e que tamén tiveron unha gran influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que van interpretar son: “At last”, “Superwoman” “Say a little prayer” ou “My baby just cares”.
 
- Clubs de lectura:
Grupo A
Grupo B
 
Grupo A
Grupo B