Esperámoste na
Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 4 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Marianne Bernot e Daniel Sánchez, do Colexio Valle Inclán, realizarán unha pequena presentación sobre "Os fondos mariños" previamente á charla
"E se os coches non fixeran ruído?, E se só soltaran vapor de auga?" a cargo de Socorro Castro García, profesora titular do Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.
Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.