26/3/21

Hora do conto: 30 e 31 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza. 
Todas as contadas serán ás 18:30 h.

As sesións poderán verse a través de Youtube a partir do día seguinte ao do contacontos presencial e durante as 48 horas posteriores.
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 30 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Verbas de cores” Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 31 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de cando a nai dos dragóns anunciaba a primavera"
 
                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 26 marzo 2021

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

O caso do papagaio que falaba de máis, de Jordi Sierra i Fabra
Galaxia, 2019

Un caso aparentemente sinxelo -o roubo dun papagaio- implica un novo traballo para a detective Berta Mir. Unha rede mafiosa, un asasinato e as miserias dunha poderosa familia industrial barcelonesa farán que todo sexa máis complexo.

- Mozas/os e adultas/os:

Wanderlust. Una historia del caminar, de Rebecca Solnit
Capitán Swing, 2015

Desde a evolución anatómica até o deseño das cidades, o feito de camiñar erguido ten consecuencias políticas, estéticas e de gran significado social. Un ensaio que demostra a calidade dunha das mellores pensadoras norteamericanas dos últimos anos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/3/21

Celebramos o Día da Poesía con versos

Celebramos o Día da Poesía cunha escolma de poemas 
enviados polas nosas lectoras e lectores.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
Poema colectivo, 
exposicións bibliográficas, 
elaboración de poemas a partir de diversas imaxes... 
son algunhas das propostas que recolle
 este video para conmemorar o 
Compartímolos con todas-os vós.
 

Hora do conto: 22 a 26 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!

 Aforo limitado: chama e reserva a túa praza.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. 
 
As sesións poderán verse a través de Youtube a partir do día seguinte ao do contacontos presencial e durante as 48 horas posteriores. 
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 22 de marzo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Rimas e ritmos” Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 24 de marzo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Versos para debuxar nenas e nenos” Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 
Xoves 25 de marzo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Verbas encadeadas” Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 25 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Poetizados” Celebramos o Día da Poesía

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 26 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Carolina e as súas rimas" Celebramos o Día da Poesía
 
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 26 de marzo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Telón arriba" Celebramos o Día da Poesía

                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.