20/4/18

Boletín de novidades abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-27942.pdf

Hora do conto e actividades infantís: 23 a 27 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdfCelebraremos o 23 de abril, Día Mundial do Libro!!!
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 23 de abril, ás 18:30       
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O xigante”   
 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 25 de abril
, ás 18:30      
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Chus Álvarez
TÍTULO: “Zoo”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 26 de abril
, ás 18:30       
Para nenas-os de 8 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Onde viven os trasnos”   

 
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Mil historias en maleta”

Recomendacións en Radioleiros: 20 abril 2018

https://youtu.be/M4G__OfUTKE
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=992535- Infantil (menores de 6 anos):
"Imos cazar un oso", versión de Michael Rosen; ilustracións de Helen Oxenbury, en Kalandraka.
Baseado nunha coñecida  canción infantil inglesa, propia de actividades ao aire libre. Texto perfecto para ler en voz alta en versión dun dos mellores autores ingleses de poesía infantil con ilustracións humorísticas e de gran frescura.
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1223201- Mozas-os e adultas-os:
"La España vacía: viaje por un país que nunca fue" de Sergio del Molino. Editado por Turner.
O contacto entre a España urbana e a interior case sen poboación foi e segue a ser difícil, parecendo en ocasións países distintos. Desde o escrito por Cervantes, Azorín e Juan Marsé ou filmado por Buñuel e Almodóvar, este ensaio supón unha reflexión clara, honesta e imaxinativa sobre unha realidade de plena actualidade.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Mª José Trincado

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27858.pdfPara conmemorar o Día Mundial do Libro e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 20 ao 27 de abril poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.

Actividades de promoción da lectura: de 24 a 27 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 24 a 27 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Martes 24 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 4 anos do
Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Contos" con Ramiro Neira. 
Mércores 25 de abril: 
- 10:15: Alumnas-os de 4 e 5 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Contos" con Ramiro Neira. 
- 11:30: Alumnas-os de 5 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Contos" con Ramiro Neira.
Xoves 26 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke
- 11:30: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke

Venres 27 de abril:
- 10:30: Alumnas-os de 6º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"BD: microhistorietas",
con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 24 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Infantil
do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Mans" con Pablísimo. 
Mércores 25 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.
Xoves 26 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.
Venres 27 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.

18/4/18

Día do Libro 2018, participa nas actividades de Bibloleiros!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27925.pdfPara conmemorar o Día Mundial do Libro, a Deputación da Coruña organiza unha campaña titulada Libros para sermos libres na que se van repartir 200 libros que doa a Deputación aos que se van sumar outros 200 que poñen as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros. En total regalaranse sobre 400 libros.
 
No Concello de Oleiros dentro da Campaña da Deputación da Coruña Libros para sermos libres repartiranse libros en:
Día 20, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera.
Día 23, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda.
Día 24 e 25, ás 17:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, en Perillo.
Día 25, ás 18:30 horas, na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz.
 
https://www.dacoruna.gal/novas?id_evento=2648Para o reparto poñeremos unha mesa en cada unha desas bibliotecas e cada unha das persoas que veñan eses días a algunha das bibliotecas poderán levar algún libro de regalo.
Ademais desa actividade e tamén cos obxectivos de conmemorar o Día Mundial do Libro e
potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan outras actividades de promoción da lectura como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, programando actividades que abarcan as diferentes idades e distintos formatos como: contacontos, espectáculos teatrais, narracións dramatizadas, charla de divulgación científica, talleres e tertulias literarias, obradoiros de banda deseñada, obradoiros de poesía e exposicións de libros e mostras bibliográficas.