28/3/15

Recomendacións en Radioleiros: 27 de marzo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=33215- Infantil (nenos-as a partir de 10 anos):
"Sopa de marsopa" de Isabel Freire en Xerais.
Nunha pequena vila onde é comisario de policía Roncudo Lor, desaparece do zoo a marsopa Anciñas, un simpático cetáceo que fai as delicias de todos. Cando xa a policía está a piques de tirar a toalla porque non ten pista ningunha, aparece o detective Bons, Bilbo Bons que se pon a investigar...
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114817- Mozos-as e adultos-as:
"Vestido de novia" de Pierre Lemaitre, editado por Alfaguara.
A protagonista, Sophie, ten unha vida feliz, ten parella, un bo traballo, pero de repente, sen saber como, comeza a perder cousas, esquece citas, esquece o que fixo o día anterior, comete roubos aínda que non os lembre, convírtese nunha muller psiquicamente desequilibrada, e o peor, ao seu redor empeza a aparecer xente morta, aínda que ela non é consciente de facelo… Algo está a ocorrer.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/3/15

Día mundial do teatro na Biblioteca de Lorbé: 27 de marzo

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/dms/mecd/cultura-mecd/areas-cultura/artesescenicas/dia-mundial-teatro-2015.pdf
O 27 de marzo é o Día mundial do teatro. Para festexalo, a Biblioteca de Lorbé, fará unha selección de fondos de teatro e sobre o teatro, animarase aos-ás usuarios-as a lelos e levalos a casa. 

Algúns dos obxectivos que se perseguen son: celebrar esta festa cultural mundial, difundir os fondos deste xénero literario, aumentar os coñecementos sobre o teatro, coñecer e difundir a obra dos-das autores-as contemporáneos-as galegos-as, crear espectadores-as, etc. 

Do 23 ao 31 de marzo, haberá unha exposición de fondos de obras dramáticas e farase unha lectura conxunta dunha obra de teatro.

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 23 a 27 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 23 de marzo
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626638) 
CONTACONTOS: Pavís-Pavós
TÍTULO: “Palma repalma"

Martes 24 de marzo
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos de fill@s que non o teñen tan doado”: "La tarta de hadas", "La hija del Grúfalo", "Montañas na cama"
Mércores 25 de marzo 
CONTACONTOS: Ratiña Carolina de Trinke Trinke
TÍTULO: “Un invento para chegar ata o ceo”
Para nenas-os de 1 a 4 anos Aforo completo!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Arrolacontos"
Xoves 26 de marzo 
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de misterio e noites de lúa chea”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 27 de marzo
Para nenas-os de 5 a 10 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628507) 
MONITORADO: Viravolta Títeres
OBRADOIRO: “Elaboración de marionetas de papel"
Venres 27 de marzo
 CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos con cores”

25/3/15

26 de marzo: "Contos en feminino" na Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21262.pdf

Contacontos para adultas/os con Soledad Felloza, Fátima Fernández e Charo Pita.

Serán contos en feminino de diferentes temáticas, uns baseados na tradición popular galega e outros traídos doutras culturas.

24/3/15

Tertulia literaria en Rialeda: 25 de marzo (Grupo B)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-21264.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas.
Documentación
Obras de Manuel Portas nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.

23/3/15

Actividades de promoción da lectura: de 23 a 27 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21135.pdf
Na semana do 23 ao 27 de marzo, as Bibliotecas Municipais de Oleiros levarán a cabo interesantes actividades de promoción da lectura, unhas dirixidas ao público en xeral e outras para alumnado dos centros de ensino público de Oleiros.
 
- Contos en feminino: Contacontos para adultas/os
O xoves, 26 de marzo, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz realizarase un contacontos para adultas/os a cargo das contadoras Soledad Felloza, Fátima Fernández e Charo Pita nunha actividade denominada “Contos en feminino”, na que contarán contos de diferentes temáticas, uns baseados na tradición popular galega e outros traídos doutras culturas. Invitamos a asistir a todas as persoas que o desexen.
 
Dentro das actividades de promoción da lectura dirixidas a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros, no Teatro As Torres de Santa Cruz levaranse a cabo os seguintes actos: O luns 23, ás 11:40 horas, realizarase un encontro literario coa escritora Xulia Alonso, dirixido a alumnado de 1º de bacharelato do Instituto Miraflores de Oleiros, para comentar a súa obra “Futuro imperfecto” publicada na editorial Galaxia, que a propia autora define como “unha cápsula de memoria, da súa propia memoria, que nos leva á década dos 80, onde a vida se presenta cun aire novo...”. Esta actividade é posible grazas á colaboración da editorial Galaxia.

O martes 24, ás 10:30 horas, levarase a cabo a conferencia “Mitos e deidades na época dos castros: da ciencia á literatura” a cargo do escritor, profesor da USC e director da web do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago e da actriz Soledad Felloza, dirixida a alumnado de 3º de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros. A partir do seu exitoso libro “Vento e chuvia: mitoloxía da antiga Gallaecia” o autor introducirá no rico universo das crenzas, mitos e deidades que existiron na Gallaecia da Idade do Ferro. A través da creación literaria de Manuel Gago poderemos coñecer deusas e deuses da antiga Gallaecia. 


Tamén o martes 24, pero ás 12:30 horas, levarase a cabo a conferencia “Panorámica da literatura galega actual” a cargo da escritora e profesora da USC, Dolores Vilavedra, dirixida a alumnado de 2º de bacharelato do Instituto Miraflores de Oleiros, na que presentará a literatura galega actual e achegará a figura e a obra de diversos/as escritores/as galegos/as actuais. Esta actividade tamén é posible grazas á colaboración da editorial Galaxia.


Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz, os días 25 e 26, a actriz e contadora de contos Soledad Felloza realizará tres sesións coa interpretación da famosa obra de Roald Dahl “Charlie e a fábrica de chocolate”, dirixidas a alumnado do CEIP Luís Seoane de Mera de 3º e 4º curso de primaria.


O día 25, na Biblioteca do Instituto Miraflores, a poeta Yolanda Castaño, realizará dous obradoiros de poesía dirixidos a alumnado de 4º de ESO deste instituto. Traballarán tanto con prácticas de estimulación creativa como reforzándoas a partir de textos que conecten co seu mundo. O amor, o erotismo, a dor, a carraxe ou a liberdade son eixos temáticos que proporcionan, á vez, campos aboados para a experimentación poética. Preténdese promover a lectura de obras de poesía, fomentar o pracer da escrita poética, desenvolver a creatividade e perfeccionar as composicións poéticas.


Na Biblioteca Central Rialeda, os días 26 e 27 de marzo, levaranse a cabo tres visitas guiadas a cargo do persoal da mencionada biblioteca e dirixidas a alumnado de 1º de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros. Preténdese explicar o funcionamento da biblioteca, para que o alumnado a utilice fóra do seu horario escolar: coñecer a biblioteca, presentar a páxina web municipal e o blog das bibliotecas, aprender a realizar buscas no catálogo e, principalmente, fomentar o uso do libro e a lectura. Estas actividades finalizarán cun contacontos titulado “Feirantes”  a cargo do actor e contador de contos Ramiro Neira, realizado a partir da adaptación dun relato da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 23 de marzo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "El palacio azul de los ingenieros belgas" de Fulgencio Argüelles. 

A seguinte obra programada é
"Los platos más picantes de la cocina tártara" de Alina Bronsky.