- Infantil (nenas-os a partir de 8 anos):
"De viaxe polo mundo" de Pablo Aranda; ilustracións de Ximena Maier; tradución ao galego, Anaír Rodríguez. En Xerais.
Unha proposta de viaxe polo mundo, sen saír da casa, acompañados dos protagonistas do libro: unha nena, un neno e un can que nos ensinarán características dun variado grupo de países e curiosidades de culturas descoñecidas. Pasearemos pola xeografía, a historia e a literatura de 22 países do mundo.

- Mozas-os e adultas-os:
"Oso" de Marian Engel; tradución de Magdalena Palmer. Editado por Impedimenta.
A novela céntrase na historia de Lou, unha xove bibliotecaria, introvertida e cunha vida bastante solitaria e anódina, dedicada case por completo ao seu traballo. A oportunidade para escapar desta vida triste e frustrante, chégalle a Lou da man dun curioso legado. A illa de Cary (totalmente ficticia) é legada íntegramente ao instituto para o que traballa e ela será a encargada de pasar alí unha tempada coa fin de ordenar e catalogar a documentación que forma parte dunha importante biblioteca propiedade dun tal “Coronel Jocelyn Cary”, último descendente da familia propietaria da illa, asentada nun vello edificio octogonal. Así que o que se presentaba como un verán de traballo en soidade, dará un xiro inesperado cando Lou descubra que non é a única habitante da illa, que nun alpendre anexo á casa vive un gran oso, dócil e vello do que terá que facerse cargo, e que será o único que pode proporcionarlle algo de compañía.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.