27/12/13

Recomendacións en Radioleiros: 27 de decembro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=90517- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos): 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=rapazas+de+Xan&idx=ti "O Apalpador" de Xoán G., editado por Biblos. Un conto sobre un personaxe mítico galego, propio das zonas do Caurel ou Trives. É o Apalpador, un vello carboeiro que polo Nadal  baixa desde o monte onde vive ata as casas dos nenos e nenas para levarlle agasallos. Mentras dormen entra nos seus cuartos e primeiro mira se están ben mantidos e se o están bísballes amodiño: “Así esteades todo o ano!”, déixalles unha presa de castañas e os agasallos ciscados pola casa adiante para que pola mañán os nenos e nenas se entreteñan buscándoos.
- Mozos-as e adultos-as:
"As rapazas de Xan" de Manuel Iglesias Turnes, en Xerais.
Primeiro libro de Manuel Iglesias Turnes. É unha novela coral e realista que supón un documento histórico e etnográfico sobre a aldea galega de posguerra. Partindo da historia
de Carmela, unha moza que ten a súa filla en soidade, o autor sobrevoa a comunidade do lugar, descubrindo as ilusións e as perdas, os amores e os desamores dun tempo tan gris como opaco.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/12/13

"Lecturas para ti": dobremente premiado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2013/04/premio-maria-moliner-as-bibliotecas.html
As Bibliotecas Municipais de Oleiros celebran que fosen dobremente premiadas na Campaña "María Moliner" convocada polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, debido a que o seu proxecto de dinamización lectora titulado "Lecturas para ti" recibiu máis de 90 puntos. 
O obxectivo deste certame é recoñecer os mellores proxectos de animación á lectura levados a cabo por bibliotecas de municipios de menos de 50.000 habitantes. No mes de maio, as bibliotecas municipais de Oleiros recibiron unha comunicación de que o seu proxecto fora un dos 300 seleccionados de toda España para o  Premio María Moliner, polo que recibirían un lote de 180 libros infantís e xuvenís. 
Agora recibíuse outro comunicado da Secretaría de Estado de Cultura no que se indica que por obter este proxecto, 90 ou máis puntos, recibirá outros dos lotes de libros, un de 54 libros para adultos e outro de 46 de literatura infantil e xuvenil, xunto cun lector de libros electrónicos, 10 libros electrónicos e unha subscrición anual a 5 revistas culturais en papel: Scherzo, Descubrir el arte, Historia y vida, Letras Libres y Claves de la Razón Práctica.

23/12/13

Queres ler connosco?: Guía de lectura para o Nadal 2013

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-16955.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-16955.pdfAs Bibliotecas municipais de Oleiros elaboraron unha guía de lectura titulada “Queres ler connosco?”, formada por  281 recomendacións de libros, DVD e CD. Esta escolla foi realizada polo persoal das bibliotecas e nela pódense atopar publicacións moi diversas. 

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas e discos para gozar e compartir. 

Desde as bibliotecas municipais ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un CD e un DVD son tamén un bo agasallo. 

Son 281 libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos. Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que debemos respectar.   

Publicáronse 2000 exemplares que se van repartir ao alumnado de educación primaria dos centros de ensino público deste Concello, así como nas bibliotecas municipais. En formato dixital vaise enviar aos institutos para que a distribúan entre o seu alumnado e profesorado, a todos os socios e socias das bibliotecas que teñan correo electrónico e os/as que o desexen tamén a poderán baixar da web municipal ou do blog das bibliotecas

Animamos a todas as persoas, que vaian facer algún agasallo por estas datas de Nadal ou Reis, a que obsequien  aos seus seres queridos cun libro, disco ou película. Gustaríanos que os/as que teñen vacacións que dediquen parte do seu tempo a ler algún libro; pero principalmente os nenos/as, adolescentes e mozos/as e lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa. O gusto por ler non é innato, vaise adquirindo pouco a pouco, polo que desexamos contribuír a espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro.  

Desde as Bibliotecas municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade;  que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.

Calendario das Bibliotecas de Oleiros durante o Nadal 2013

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-16965.pdf
Queremos informar aos/ás nosos/as usuarios/as do calendario no que as bibliotecas municipais de Oleiros non abrirán ao público durante o Nadal 2013.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo: estará pechada ao público os días 24, 28 e 31 de decembro e o 4 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz: estará pechada ao público os días 24 e 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: estará pechada ao público desde o 23 ao 27 de decembro (ambos inclusive) e tamén o 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: estará pechada ao público desde o 30 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive) e tamén o 13 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: estará pechada ao público os días 2 e 3 de xaneiro (ambos inclusive).
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: estará pechada ao público desde o 23 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive) e tamén o 13 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Federico García Lorca. Montrove: estará pechada ao público desde o 23 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive).
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: estará pechada ao público desde o 30 de decembro ao 3 de xaneiro (ambos inclusive). Ademáis, esta biblioteca, os días 20 de decembro, 10, 13, 14 e 15 de xaneiro, abrirá só pola tarde, en horario das 16 ás 20 horas.

Novidades dvd cine na Biblioteca Central Rialeda (decembro 2013)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-16980.pdf
34 novos títulos para rematar o ano. Podes atopalos no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Preme sobre a imaxe para descargar a guía.

Todo o que debes saber sobre o teu corpo

https://picasaweb.google.com/112968433170961771213/ConeceOTeuCorpoExpoBibliograficaNaBibliotecaMunicipalRosaliaDeCastroSantaCruz?authuser=0&feat=directlink
Na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz queremos dar a coñecer unha parte do material bibliográfico que hai na sección infantil da nosa biblioteca. Para iso creamos unha exposición bibliográfica titulada "Todo o que debes saber sobre o teu corpo", coa finalidade de axudar a coñecer as diferentes "pezas" das que consta o ser humano, ademáis de saber máis sobre algúns malos hábitos que debemos evitar como a obesidade, alcohol, tabaco e os seus efectos na nosa saúde. 
Atoparás libros para todas as idades, aprenderás como é e como funciona o noso organismo.
Coñecendo o teu corpo aprenderás a quererte máis a ti mesmo/a.