Títulos recomendados o venres 14 de maio:
- Infantís (a partir de 8):
Helena e Xoel son unha nena e un neno que son amigos. Viven na mesma vila, pero os seus barrios son diferentes. Onde vive Helena, as casas teñen xardín, en cambio Xoel vive na parte baixa, onde as rúas son estreitas.
Dun día para outro comezan a suceder feitos estraños, a xente empeza a mirarse con desconfianza, parece que desapareceu a alegría e chegou o medo. Os pais de Helena non queren que se relacione con Xoel. De repente alguén ergue unha reixa metálica para separar unha poboación da outra. Helena queda dun lado e Xoel do outro. Os dous amigos intentan seguir en contacto, pero cada vez serán maiores as medidas de separación. Terán que idear diferentes estratexias para poder estar en contacto.
Un fermoso libro que fala da amizade por encima das diferenzas, da igualdade entre todos os seres humanos fronte aos os odios, da liberdade, da loita contra as discriminacións, segregacións e imposicións inxustas.

- Mozos-as e adultos-as:
Edición Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco.
Este libro recolle a 1ª parte de Os eidos, publicada en 1955 e a 2ª parte que se publicou en 1974.
Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, no Courel. Este entorno onde pasa a infancia e a primeira mocidade influirá moito na súa obra.
É un dos nosos clásicos. En palabras de Xosé Luis Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega “é un poeta espléndido que non só falou do Courel, senón tamén das profundidades da alma humana, defendendo aos marxinados”.
Na súa obra pode atoparse un canto á terra e os seus poemas convertéronse nuns dos máis intensos e renovadores da poesía galega contemporánea.
Como din Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, Os eidos son un canto á natureza nun sentido amplo, procurando o fin último das cousas, e no que se plasma a comunicación total e cordial co universo. Nesta obra preséntanos a insignificancia e a soidade do ser humano ante a grandeza esmagadora da natureza, na que aparece inmerso e identificado con ela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas