- Xuvenil:
"Madonna e outros contos de inverno" de Manuel Rivas. Ilustración da cuberta Miguelanxo Prado. Colección Fóra de Xogo, en Xerais
Reúnense nesta obra oito contos moi diferentes que transcorren durante o inverno ou o Nadal.
O amor, a integración das persoas diferentes, a traizón, a fame, a bondade dunha nai, as drogas, o naufraxio, etc., son algúns dos temas tratados nesta publicación. Un libro que ao lelo causa emoción e afecto.
Todos estes relatos tamén están recollidos na obra do mesmo autor titulada “Contos de Nadal”.
Recomendámolo para adolescentes a partir de 13 anos, pero tamén para adultos/as.
- Mozas-os e adultas-os:
"La muerte de Ivan Ilich" de Lev Tolstói, editado por Alianza.
É unha excelente novela curta que trata a temática da morte e da toma de conciencia dunha vida mal vivida. Tendo como punto de partida un incidente na vida real, crea esta obra na que un membro destacado do Tribunal de Xustiza ruso morre a causa dun pequeno accidente, que ao parecer era sen importancia, pero que lle provoca una doenza física que os médicos non acertan a diagnosticar e tampouco a curar o que lle causa cada vez máis dores e finalmente a morte. É esta enorme dor, así como a intuición dunha morte próxima, o que lle fai reflexionar sobre a vida que levou e chegar á conclusión que foi una vida mal vivida.
Preséntanos ao xuíz Ivan Ilich educado para medrar na administración do Imperio Ruso. No seu matrimonio ao principio todo ía ben, pero cando teñen o primeiro fillo comezan os problemas. Da vida familiar só quería as comodidades que esta lle podía ofrecer: comida caseira, cama e sobre todo o decoro nas formas externas, o que a opinión pública lle esixía. O resto buscábao no seu traballo. Irá progresando socialmente, pero ao final, preguntarase se o seu esforzo pagou a pena e se compensou o malestar da súa vida familiar. Analizará o seu pasado e dubidará se actuou correctamente.

É unha crítica á forma de vida superficial das clases altas rusas, unha reflexión sobre a forma de vivir e de comportarse e sobre a desesperación que causa a dor e a angustia por unha morte que intúe próxima.
Esta maxistral novela foi elixida por Nabókov e por Gandhi como a máis grande de toda a literatura rusa.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.