20/2/10
19/2/10
Recomendacións en Radioleiros
Títulos recomendados o venres 19 de febreiro:
- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"Los lobos de la pared" escrito por Neil Gaiman e ilustrado por Dave Mckean, en Astiberri
"Los lobos de la pared" escrito por Neil Gaiman e ilustrado por Dave Mckean, en Astiberri
Lucy escoita ruídos nas paredes da súa casa. Dillo a súa nai porque pensa que son lobos mais esta dille que é imposíbel. Pero ela insiste na idea e co tempo acabará tendo razón. Un libro que conta unha historia a cabalo entre a tradición e o novo, protagonizado por unha nena que leva o peso da narración xunto cos animais. Ilustrada por un dos mellores profesionais ingleses da actualidade.
- Mozos-as e adultos-as:
"A vida interior de Martin Frost" de Paul Auster en Galaxia. A edición en castelán "La vida interior de Martin Frost" está editada por Anagrama.
Guión cinematógráfico no que Auster conta como Martin Frost, escritor que está descansando no campo, desperta cunha muller ao seu carón. Quen é ela, que o sabe todo da súa vida?. O libro inclúe unha entrevista na que o escritor explícanos como se rodou a película, da que tamén foi director.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Hora do conto na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera: venres 19 de febreiro
Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera o venres 19 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto. Os títulos serán: "Sabela na granxa", "Tres chivos chirivetas", "Un reno diferente"
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:34
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Mera,
Hora do Conto
17/2/10
Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 18 de febreiro
Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 18 de febreiro ás 18:30 para escoitar a hora do conto.
Para os nenos-as menores de 6 anos Pablísimo contará: “A vaca que puxo un ovo”, “Aquiles o puntiño”, “Pequerrecho pequerrechiño”.
Para os nenos-as maiores de 6 anos Caxoto contará: "Unha presada de lentellas”, “Noite de reis”, “Moncho o artista”
Para os nenos-as menores de 6 anos Pablísimo contará: “A vaca que puxo un ovo”, “Aquiles o puntiño”, “Pequerrecho pequerrechiño”.
Para os nenos-as maiores de 6 anos Caxoto contará: "Unha presada de lentellas”, “Noite de reis”, “Moncho o artista”
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
11:49
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Hora do Conto
Suscribirse a:
Entradas (Atom)