20/2/15

Recomendacións en Radioleiros: 20 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/37089654/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=102173- Infantil (de 8 anos en adiante):

Rasmus y el vagabundo, de Astrid Lindgren; ilustrado por Pablo Auladell
Kalandraka, 2011

A autora sueca e medalla Hans Christian Andersen tráenos este relato no que un neno orfo atopa nun vagabundo o significado da amizade, o afecto, a experiencia e a supervivencia. Novela case histórica con ilustracións do galardoado Pablo Auladell.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=39873Expediente Artieda, de Luis Rei Núñez
Xerais, 2000

A Coruña de 1959 contada desde os “anónimos absolutos”, aqueles que participan na Historia pero non aparecen nomeados. Personaxes heroicos e cotiáns que protagonizan xunto con Franco e Pedro Barrié unha trama social e política na que os maquis lévannos pola estación do tren, Os Mallos, Santa Margarida, a Torre de Hércules e o Hospital de Oza. Un conxunto que foi Premio Xerais de novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/2/15

Disfrazad@ vés da cabeza aos pés: libros de disfraces e todo o que precises para gozar o Entroido!

Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros temos exposicións con libros adicados a todo o necesario para gozar o Entroido: confección de disfraces, máscaras; platos típicos desta época do ano, festas emblemáticas do Entroido galego, etc. 

Nalgunhas bibliotecas, como a Federico García Lorca (Montrove), e Rialeda (Perillo), tamén poderás recortar e colorear antefaces impresos en cartolina.


16/2/15

Tertulia literaria en Rialeda: 18 de febreiro (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21078.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas.
Documentación
Obras de Manuel Portas nas nosas bibliotecas.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño. 

A seguinte obra programada é "La invención de Morel", de Adolfo Bioy Casares.