16/8/13

Recomendacións en Radioleiros: 16 de agosto

- Adolescentes:
"Tempus fugit: ladrones de almas" de Javier Ruescas, en Alfaguara.
"Nun escenario futurista no que gran parte da Terra quedou sepultada baixo as augas crúzanse as vidas de tres adolescentes: Pablo que viaxa desde o pasado, Hanna que busca desesperadamente un futuro para o seu pai e Klein un semiandroide ao que se lle esgota o seu tempo de vida".
- Mozos/as e adultos/as:
"Ángulo de reposo" de Wallace Stegner, editado por Libros del asteroide.
"Nas últimas décadas do século XIX un xove e emprendedor enxeñeiro de minas da costa Este dos EEUU vai vivir e traballar
coa súa muller ao Oeste, cando aínda era un territorio salvaxe, apenas colonizado".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.