INFANTIL E XUVENIL
Xograres dun tempo novo
Autor: Pepe Carballude
Ilustradora: Beatriz García Trillo
Everest
Xograres dun tempo novo fálanos dunha historia de amor. Francisca Porta, unha muller que está nunha residencia da terceira idade, vai lembrando a súa vida diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, e lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas na época da 2ª República.
Pepe Carballude utiliza esta obra para irnos explicando que eran as Misións pedagóxicas, por quen estaban formadas, que facían, etc. Neste labor de paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes entre o rural e o urbano, participaron algunhas das figuras máis sobranceiras das nosas letras e artes como Rafael Dieste ou Urbano Lugrís.
Francisca Porta rememora este pasado da súa vida, ao mesmo tempo que lembrando estes momentos felices axúdanlle a levar mellor as feridas e dores acontecidas coa Guerra Civil.
Unha novela de actualidade que ten un dobre obxectivo: facer xustiza coa memoria e descubrirlles aos mozos e mozas anacos esquecidos da nosa historia.

Galaxia
Este libro está dividido en 2 partes:
A primeira titúlase “A batalla do futuro”, é a biografía de Ramón Piñeiro e a segunda é unha escolma de textos.
Na primeira parte podemos coñecer a vida deste intelectual, ensaísta e galeguista nacido en Láncara, que se incorporou ao proxecto de levar adiante a editorial, Galaxia, que nacera por iniciativa de Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego e na que ocupou o cargo de editor literario. Un dos primeiros propósitos da editorial foi crear unha revista, Grial. Na Colección Grial, publicou o seu primeiro ensaio filosófico: "Significado metafísico da saudade" que xunto con outros reuniría posteriormente no libro Filosofía da saudade. Na obra titulada Olladas no futuro, escolmaría diversos artigos. Realizou con Celestino Fernández de la Vega traducións como o Cancioneiro da poesía céltica, de Julius Pokorny, ou a conferencia de Martin Heidegger Da esencia da verdade. A preocupación pola lingua galega de Ramón Piñeiro reflíctese tamén na súa dedicación á revisión e publicación do Diccionario gallego-castellano de Eladio Rodríguez González, que finara en 1949 sen sacar á luz o seu traballo lexicográfico. Redactou un documento de denuncia que foi asinado por diversos centros galegos de América e repartido na nosa lingua, en inglés e en francés na VIII Asemblea Xeral da UNESCO (1954), causando o desconcerto entre a delegación franquista española. En 1967 ingresou na Real Academia Galega co discurso A linguaxe i as língoas.
Vemos que durante os últimos anos do franquismo, facilitou a creación dun partido socialista e outro de tendencia democristiá galegos, convencido de que "a maioría de idade política de Galicia tiña que consistir mesmamente en que deixase de existir un partido galeguista para que fosen galeguistas todos os partidos democráticos". Esta controvertida estratexia de diluír o galeguismo en diferentes partidos fixo que tivese enfrontamentos con Castelao que estaba en Arxentina no exilio. Non recoñeceu como órgano supremo de todo o galeguismo ao Consello de Galicia creado por Castelao no exilio e que segundo el só representaba o galeguismo arxentino. Ademais Castelao pensaba que para acabar co franquismo era necesaria unha loita política, non só cultural.
Coa chegada da democracia e nas primeiras eleccións democráticas foi candidato ao senado por Lugo, nunha candidatura de unidade dos partidos que propugnaban o federalismo, pero con poucos resultados. Preocupado por asegurar a presenza galeguista no primeiro Parlamento galego, nas 1ª eleccións autonómicas aceptou a oferta do PSdeG-PSOE de ir como independente nas súas listas. Foi elixido deputado autonómico e traballou a prol da Lei de normalización lingüística, aprobada por unanimidade en 1983. Nese mesmo ano foi elixido presidente do primeiro Consello da Cultura Galega, cargo que ocuparía ata o seu pasamento en 1990.
Na 2ª parte deste libro, está a Escolma de textos: o documento da denuncia ante a Unesco da persecución do galego, outro texto que é un informe do ano 1958, dirixido aos galeguistas de América, sobre a nova orientación do galeguismo; textos de filosofía e saudade, textos e cartas sobre a situación da lingua galega e outra parte con cartas sobre literatura e arte.
Unha obra interesante para coñecer mellor a este senlleiro intelectual, ao que lle dedican este ano o Día das Letras Galegas.