- Infantil (a partir de 9 anos):
"Oxalá estiveses aquí", texto de Charo Pita e ilustracións de Dani Padrón. Editado por Galaxia.
Unha tarde, Lebre estaba deitada cando oíu un son que viña do río. Achegouse á beira e por fin o viu, era un vulto pequeno que baixaba levado pola corrente. Imaxinou algo valioso, un tesouro. Intentou collelo (aínda que a auga non lle gustaba) e por fin o conseguiu. Era unha botella e dentro traía unha mensaxe, pero como a podería sacar sen rompela. Tivo que pedir axuda a seus amigos Cangrexo, Lagarta, Abella e Vento Norberto. Cando entre todos o conseguen, lena e, estrañados, ven que pon “Oxalá estiveses aquí!”. Pero, onde é aquí?, e, quen a envía?...
Un fermoso libro de aventuras, cunhas sinxelas e agradables ilustracións que acompañan o texto, que nos fala de amizade, compañeirismo, retos, axuda e colaboración.
- Mozas-os e adultas-os:
"La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas. En Tusquets.
Premio Nacional de Narrativa no ano 2016 por este libro do que o xurado destacou “a madurez dunha obra que representa a excelencia do relato breve” e que “mestura con mestría o cotián e o fantástico, alcanzando a esencia e a vitalidade propias do mellor deste xénero literario”. Esta obra tamén recibiu o Premio Nacional da Crítica no 2015.
Está formada por 6 relatos: La habitación de Nona (que dá título ao libro), Hablar con viejas, Interno con figura, El final de Barbro, La nueva vida e Días entre los Wasi-Wano.
En La habitación de Nona fala dunha nena que ten unha irmá especial (ou tal vez non...?)
En Hablar con viejas atopamos unha muller que vai ser desafiuzada do piso no que vive e queda cun antigo amigo para ver se lle pode prestar os cartos necesarios para evitalo. Unha anciá pídelle que lle axude a cruzar a rúa e despois invítaa a tomar un café...
En Interno con figura presenta a unha escritora que, nunha visita a un museo, ve a un grupo escolar comentando un cadro, pero principalmente como unha nena crea unha historia a partir das imaxes dese cadro...
En El final de Barbro explica como Barbro ou “Ojos del Norte” entrou na vida do pai da narradora cando este estaba moi necesitado de agarimo...
En La nueva vida vemos a unha viúva que volve ao pasado...
E, en Días entre los Wasi-Wano amosa a dous irmáns (un neno e a súa irma duns 13 anos)

que van pasar o mes de agosto á casa duns tíos debido a que seu pai está bastante enfermo...
Son seis magníficos relatos (en todos os casos narrados por unha muller, de maior ou menor idade pero sempre de xénero feminino) nos que moitas veces non sabemos se o que nos están contando é real ou é imaxinario, se é algo que está sucedendo ou é algo que se está imaxinando a narradora.
En ABC cultural din que “os relatos de Fernández Cubas configuran un dos universos literarios máis singulares da literatura contemporánea, un espazo onde o inesperado e o cotián, o inexplicable e o real, se entrelazan para ofrecer unha insólita visión da experiencia humana”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.