21/7/17

Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S

https://photos.app.goo.gl/iG0hGfGztZnYtxP73
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrécelle para o verán 2017 unha selección titulada "Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S". Proximamente haberá unha segunda parte adicada a películas de todas as metraxes. 
"Lecturas a medida" presenta 24 títulos de indubidable calidade literaria organizadas segundo o seu número de páxinas: Lecturas XL, de máis de 600 páxinas, dirixidas a aquel@s lector@s que gozan de moito tempo para a lectura e saborean cada párrafo, cada palabra, a modiño. Roberto Bolaño, Ann-Marie MacDonald, Susanna Clarke, Donna Tart son algúns d@s autor@s desta sección. 
A talla L está constituída por lecturas de 400 a 500 páxinas. Títulos como "Ahora sabréis lo que es correr", "La casa de Jampol" ou "Caramelo" para aquelas persoas que debullan as páxinas a unha velocidade dunhas 300 palabras por minuto.  
  
M, esa talla que senta ben a todo o mundo: de 200 a 300 páxinas, libros que poden levar consigo a calquera parte. Propoñemos a Nancy Houston, John Cheever, Kate Taylor, Bohumil Hrabal. Das 150 ás 200 páxinas temos á súa disposición a talla S. Será feliz con lecturas que enchen unha tarde de praia, montaña, parque ou río: J. R. Moehringer, Nina Berberova, Berta Dávila...

Se non atopa a súa talla, pregúntenos, temos lecturas á súa medida!!!

Para máximas temperaturas, mínimas lecturas


A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz quere que este verán poidas disfrutar do sol e da lectura e que te relaxes sentíndote libre de cargas. 
Por eso, ofrecemos unha selección de lecturas breves

Libros lixeiros con historias frescas para que te sumerxas nas augas da imaxinación.

Recomendacións en Radioleiros: 21 xullo 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=424488- Infantil (de 6 a 8 anos):

A máquina contacontos, de Xelís de Toro
Rodeira

A historia desenvólvese nun mercado da cidade de Londres onde cada sábado acontecía algo moi particular: un home, ataviado con roupas para nada discretas, presentábase no mercado cunha curiosa máquina que tiña a habilidade de, palabra a palabra, inventar contos, cos seus principios e finais. Un sábado, estando o mercado cheo de xente preparada  para escoitar os novos contos, nin máquina nin contista se presentaron. O motivo era que o home tiña que asistir ao seu propio enterro. Samuel, un rapaz do barrio, tomou o seu relevo, pero non sabía como funcionaba a máquina… Precisará da axuda dos demáis para acometer tan importante tarefa.

- Mozas/os e Adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1096279El murmullo de las abejas, de Sofía Segovia
Lumen

A historia comeza en 1910 na localidade natal da autora, Monterrey e arredores, Linares, cando a nana Reja atopa abandonado xunto a unha ponte a un recén nacido espido e co cordón umbilical aínda sen cortar. Ninguén sabe nada da nai nen se explican como puido sobrevivir nesas circunstancias. A noticia recíbese con medo e estupor entre os habitantes do pobo. O bebé apareceu cuberto dun manto vivo de abellas e cunha deformidade na boca que fai crer aos supersticiosos que é obra do demo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


19/7/17

"Raiola de lecturas": guías para o verán 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26453.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26455.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26454.pdf
Presentamos catro guías con suxestións que te emocionarán, farán sorrir, reflexionar...

Cada unha diríxese a un grupo de idade.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-26452.pdfSon libros que hai nas bibliotecas municipais e que podes levar en préstamo para a túa casa.

Animámoste a que visites as bibliotecas municipais (consulta os nosos horarios), utilices o servizo de préstamo e goces coa lectura.


Descarga as guías premendo sobre as imaxes.
 
Desde Bibloleiros desexámosche 
un feliz verán!!!

As nosas guías en Gálix