4/3/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 6 a 10 de marzo 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 6 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Azul”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 7 de marzo
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A raíña de Turnedó e outras cousas de mulleres da Historia”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 8 de marzo
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Branca como a Lúa, morena como a Terra”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 9 de marzo
Obradoiro para a inclusión social dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)

MONITORADO: Asociación Participa para la Inclusión Social
ACTIVIDADE: “Obradoiro de cómic”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 10 de marzo
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Érase outra vez: contos para cambiar o conto”

Tertulia literaria en Rialeda: 8 marzo 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25638.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
Documentación

A seguinte obra programada é "Un mal nombre" de Elena Ferrante

Tertulia literaria en Santa Cruz: 6 marzo 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://elpais.com/diario/2007/10/05/cultura/1191535208_850215.htmlBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery

A seguinte obra programada é "Izan o da saca" de Xabier Quiroga

Boletín de novidades 3 marzo 2017

goo.gl/XxGnOs

Actividades de promoción da lectura: de 6 a 10 de marzo

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 6 a 10 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 6 de marzo:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 3º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 3º B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Sensacións debuxadas: laboratorio de debuxo creativo" co ilustrador de Manel Cráneo.

Martes 7 de marzo:
- 1ª sesión: 9:30 h. - 3º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:50 h. - 3º D de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Sensacións debuxadas: laboratorio de debuxo creativo" co ilustrador de Manel Cráneo.

Mércores 8 de marzo:
- 1ª sesión: 9:45 h. - 4º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:35 h. - 4º B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Obradoiro de ilustración" con Óscar Villán.

Xoves 9 de marzo:
- 9:45 h. - 4º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Obradoiro de ilustración" con Óscar Villán.


Na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Martes 7 de marzo:
- 10:30 h. - 2º A e B de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Elas tres, a nena, a raíña e a bruxa: contos nas que elas son as protagonistas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.

Mércores 8 de marzo:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 1º de bacharelato do IES Miraflores (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 1º de bacharelato do IES María Casares (Santa Cruz)
"Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres" a cargo da actriz e contacontos Soledad Felloza.

Venres 10 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 4º A de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:45 h. - 4º B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" con Manel Cráneo.


Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Martes 7 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 4º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 4º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos contados con todas e todos" a cargo do contacontos Caxoto.

Venres 10 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 3º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos contados con todas e todos" a cargo do contacontos Caxoto.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

3/3/17

Recomendacións en Radioleiros: 3 marzo 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44397428/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=tango+son+tres+richardson+parnell&branch_group_limit=- Infantil (a partir de 4 anos):

Con Tango son tres, de Justin Richardson e Peter Parnell; ilustrado por Henry Cole
Kalandraka

"Con Tango son tres" é a historia real dunha parella singular de pingüins barbicha que viven no zoo de Central Park en Nova York. Roi e Silo son dous pingüins machos aos que lle gusta moito estar xuntos. Cando chega o momento de poñer un ovo e incubalo, Roi e Silo fan un niño, tentandoo cunha pedra… O seu coidador Rob Gramzay, vendo que esto se vai repetindo e vai aumentando a frustación da parella ao non conseguilo, dalles a oportunidade de incubar o ovo doutra parella do grupo que puxeran dous. E asi nace Tango, que é o primeiro pingüin en ter dous pais.

Unha entrañable historia coa que afianzar valores de igualdade e normalidade na adopción entre parellas de igual sexo.

- Mozos/as e adultos/as:
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=colm+toibin+brooklyn&branch_group_limit=
Brooklyn, de Colm Tóibín
Lumen

Ambientado na década dos 50, conta a historia de Ellis Lacey, unha moza de familia humilde que vive coa súa nai e con Rose, a súa irmá maior nun pequeno pobo do sudeste irlandés. As dificultades que atopa Ellis para conseguir un traballo medianamente bo, fanlle decidirse por aceptalo nos EEUU, precisamente en Brooklyn, un dos condados da cidade de Nova York e que da título á novela. Alí Ellis traballa como dependenta duns grandes almacéns mentras estuda polas noites.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/2/17

O Entroido nas Bibliotecas Municipais

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-25542.pdf
Obradoiros de creación de máscaras personalizadas confeccionadas con telas, feltro, etc. e posteriormente pintadas e decoradas.

Para nenas e nenos a partir de 5 anos. Nas sete bibliotecas municipais.

MÁXIMO DE PARTICIPANTES EN CADA OBRADOIRO: 20
IMPRESCINDIBLE INSCRIBIRSE DESDE 10 DÍAS ANTES NA BIBLIOTECA NA QUE DESEXEN PARTICIPAR

Celebraranse ás 17:30 horas.

20 febreiro: Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda (tel. 981 626 638)

21 febreiro: Biblioteca "Manuel María" de Oleiros (tel. 981 610 700)

22 febreiro: Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz (tel. 981 626 338)

23 febreiro: Biblioteca Central Rialeda (tel. 981 639 511)

24 febreiro:
- Biblioteca "Mª José Trincado" de Mera (tel. 981 628 507)
- Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós (tel. 981 664 257)

2 marzo: Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé (tel. 981 618 201)

Animamos aos nenos e ás nenas a que se inscriban nos obradoiros e a que participen na realización das máscaras e aos pais e ás nais a que leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.

Actividades de promoción da lectura: de 2 a 3 de marzo

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiLZCY7hKuHEPT2WHoQlxVYUPlxJDdqtK1fnN4W5Kjgmj_Rtr8nKSmRorgLYnIqVr6trEygMjeg42Sx3ol9S2GE7CpVfRyHaJAmM0ZQMjIOlyO5QChtrYDx7bSdLBEqob2YRyY2e2QSfzA/s1600/Pegata+programa+actividades+fomento+lectura.jpg
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello nos días 2 e 3 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Venres 3 de marzo:
- 10 h. - 4º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo)
"Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán" a cargo da actriz Soledad Felloza.

Na Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Xoves 2 de marzo:
- 10:10 h. - 6º de Primaria A e B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Os tres avisos" a cargo de Paula Carballeira

Venres 3 de marzo:
- 10:10 h. - 3º de Primaria A do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 11:40 h. - 3º de Primaria B do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Obradoiro de ilustración" a cargo de Manel Cráneo.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros