- Infantil (a partir de 6 anos):
"As estrelas de cores", de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar
Baía
Con Ana e Xavier de protagonistas, os libros desta colección falan dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir "quérote", "estou triste" ou "síntoo"); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.
Completan o libro unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Tallo de hierro", de William Kennedy
Libros del Asteroide
Unha das mellores novelas sobre a época da Depresión que se teñen escrito. Publicada tras anos de pelexas coas editoriais, é un texto de grande valor literario e social que narra a volta dun vagabundo a Albany despois dunha longa ausencia nun contexto de alcohol, violencia e desarranxo.
Dispoñemos igualmente da versión en DVD.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
22/1/16
19/1/16
Tertulia literaria en Rialeda: 20 de xaneiro (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.
Documentación
Obras de Elizabeth Gilbert nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa, coa que iniciamos o 2º trimestre da tertulia literaria.
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert.
Documentación
Obras de Elizabeth Gilbert nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa, coa que iniciamos o 2º trimestre da tertulia literaria.
18/1/16
Expo sobre James Joyce na Biblioteca de Lorbé
Cúmprense 75 anos da morte de James Joyce, un dos autores máis coñecidos e controvertidos da literatura universal.
Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, rendémoslle unha homenaxe e para elo fixemos unha exposición coas súas obras.
Co obxectivo de difundir as obras de Joyce, coñecer máis sobre este escritor, así como gozar da súa literatura, convidamos aos-ás nosos-as usuarios-as a visitar a biblioteca e levar títulos como "Ulises", "Dublineses", "El gato y el diablo", "Retrato do artista cando novo" e "Recuerdos y lecturas de James Joyce" de Gonzalo Torrente Ballester, en préstamo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)