4/7/14

Recomendacións en Radioleiros: 4 de xullo

http://www.ipernity.com/doc/284673/33760369/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111010- Infantil (maiores de 7 anos):
"Rajá: el mago más poderoso del mundo" de Carl Norac, ilustracións de Aurélia Fronty, en Edelvives.
Un álbum de gran formato con espléndidas ilustracións cheas de cor, que narra unha  historia de amor inspirada na India, na que Rajá, un aprendiz de mago, ten que superar múltiples probas para obter a credibilidade da súa familia e lograr o amor da súa amada. A familia de Rajá é desde hai máis de cen anos un clan de magos, pero Rajá non desexa pasar a vida ensaiando a diario os mesmos trucos. Para el o segredo da felicidade está nas cousas sinxelas: respirar o aire que nos rodea, rir e xogar e o que máis lle gusta de todo é executar malabares con ovos para entreter á fermosa Devika, a filla do marajá. Pero un día o pai chámao e dille que se ten que converter nun auténtico mago, senón será a deshonra de toda a familia, para isto terá que pasar por unha serie de vicisitudes que as nenas e os nenos que queiran coñecelas, deben achegarse ata a biblioteca, levar este libro en préstamo  e lelo.


É unha obra que nos presenta aspectos dos contos tradicionais como a posta a proba do protagonista a través dunha viaxe iniciática e de aprendizaxe, ou a recompensa  que é o triunfo do amor. É un libro para ver e observar pois as fermosas ilustracións, que ocupan a maior parte das páxinas, deléitannos segundo as imos contemplando.

 

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111613- Mozos-as e adultos-as:
"A viaxe de Gagarin" de Agustín Fernández Paz, editado por Xerais.
Emotiva historia na que o protagonista, Miguel Mendiguren, un home duns sesenta anos, (mentres acompaña a súa nai nun hospital, nos últimos días da súa vida) lembra a súa adolescencia e primeira mocidade, na Coruña dos anos 60. Retrata a Coruña do franquismo, unha época de represión, de brigadas político-sociais, do Tribunal de Orden Público, pero tamén da resistencia anti-franquista, e aproveita para comentar a cultura pop da época: o cine e a música dos 60.
Chamábanlle Gagarin por un premio que gañou de neno por un traballo escolar sobre esa primeira viaxe espacial e pola súa afección por esta temática. Nesta obra, Agustín Fernández Paz, coa mestría que o caracteriza e a súa excelente prosa, irá contando a vida de Gagarin e a súa familia (unha familia sinalada pola policía) nestes duros anos do franquismo; ao mesmo tempo que nos narra unha fermosa historia de amor. Segundo comenta o autor  en varias entrevistas, esta obra é unha homenaxe á resistencia franquista, é un libro contra a desmemoria, e así di: “Sen memoria, non somos”. Unha fermosa novela que nos vai atrapar, que nos fará lembrar ou dará a coñecer (para os/as máis novos/as) eses terribles anos do franquismo, ao mesmo tempo que nos presenta unha emocionante historia de amor.

Di o autor que lle levou máis tempo buscar a documentación  que o que foi a propia escritura da obra e para compartir con todos nós esa información abriu un blog http://agustinfernandezpaz.eu/gagarin no que todas as persoas que queiran poden achegarse ao que foron os anos sesenta.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/7/14

Lecturas ao sol: guía de suxestións para o verán 2014

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-19778.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-19778.pdfAs Bibliotecas municipais de Oleiros elaboraron unha guía de lectura titulada  "Lecturas ao sol", formada por 262 recomendacións de libros, DVD e CD.
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas municipais e nela poden atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos,  intereses e preferencias.  Os libros que se recomendan para nenos/as e adolescentes figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se suxire cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que debemos respectar.

Desde as Bibliotecas municipais ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un CD e un DVD son tamén un bo agasallo.
Nesta época en que hai máis tempo libre, na que nos deleitamos co sol e o mar, desexamos compartir libros, discos e películas que nos agradaron. Boas historias e bos libros para divertir e emocionar, reflexionar e aprender, mirar e observar, ver e escoitar.
Son 262 libros, DVD e CD que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos.


Realizáronse dúas publicacións distintas:
Unha formada por todas as recomendacións infantís e xuvenís da que se editaron 3000 exemplares que se repartiron a todo o alumnado de educación infantil ( a partir de 3 anos) e a todo o de ensinanza primaria dos centros de ensino público deste Concello.
Outra que é a guía completa, coas recomendacións infantís e xuvenís, pero tamén as de libros, DVD e CD para adultos/as que se está a repartir nas bibliotecas municipais, pero que tamén se vai enviar en formato dixital a todos os socios e socias das bibliotecas que teñan correo electrónico.


Agora que se achegan as vacacións do verán, animamos a todas as persoas a que dediquen parte do seu tempo libre a ler algún libro, ver algunha película e escoitar música, pero principalmente aos nenos/as, adolescentes e mozos/as que teñen máis tempo libre e lembramos a importancia da lectura na formación integral da persoa.  A facultade lectora non é innata, vaise adquirindo pouco a pouco, por este motivo gustaríanos contribuír a espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro, ver unha boa película ou escoitar un bo disco.
 

Feliz verán e un cordial saúdo desde as bibliotecas municipais de Oleiros!!!

Expo de Eduardo Blanco Amor na Biblioteca de Lorbé

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au%2Cwrdl&q=blanco+amor%2C+eduardo&limit=branch%3AOLE7&sort_by=title_az&addto=
Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) podes ver a exposición adicada ao escritor ourensán Eduardo Blanco Amor no 35 aniversario do seu pasamento. 

Clica nas ligazóns e accede aos rexistros bibliográficos das obras existentes na Biblioteca Xograr Mendiño da autoría de Blanco Amor ou títulos adicados á súa obra.

1/7/14

Recomendacións en Radioleiros: 27 de xuño

http://www.ipernity.com/doc/284673/33662191/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109350http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112076- Infantil (nenos-as a partir de 5 anos):
"Ricitos de oso" texto de Stéphane Servant e ilustracións de Laetitia Le Saux, en Juventud.
A familia Oso está a preparar os disfraces para a gran festa de carnaval que se vai celebrar no bosque, Mamá Osa ten o seu disfraz de Bela Durminte, Papá Oso está moi ledo co seu de Lobo Feroz, e osiño quere disfrazarse de Ricitos de Oso….Por moito que o seu pai intenta convencelo que de bombeiro ou policía estaría moito mellor, osiño non cede.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"O derradeiro libro de Emma Olsen" de Berta Dávila, editado por Galaxia.
Este libro foi Premio de Narrativa Breve Repsol 2013. A protagonista e narradora Emma Olsen, escritora famosa, sofre un cancro terminal que a leva a voltar á vila que a víu nacer e da que fuxíu, co fin de escribir a súa derradeira novela, buscando conseguir esa paz ou… ese final feliz.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.