18/2/11
Tertulia Literaria en Santa Cruz: 21 de febreiro
Recomendacións en Radioleiros
- Infantil e xuvenil:
“Sopa de xarope de amora” de Xosé A. Neira Cruz, ilustracións de Marta Álvarez Miguéns, editado por Xerais e AGADIC. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009.
Divertida obra de teatro que relata os traballos do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda.
- Mozos-as e adultos-as:
“Todo é silencio” de Manuel Rivas, en Xerais.
Fins, Leda e Brinco son tres rapaces amigos que viven en Brétema, unha vila da costa atlántica. Mariscal é un capo contrabandista que ascendeu rapidamente socialmente.
Narra o proceso de conversión do contrabando de tabaco ao narcotráfico, acontecido en Galicia nas últimas décadas, como as mafias poden controlar unha gran parte da poboación: uns porque viven delas, outros porque están mercados con cartos ou agasallos e uns terceiros porque teñen medo e non se atreven a falar, saben que falando se xogan a vida. Son mafias que corrompen ás persoas, que acaban coa súa dignidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
17/2/11
Ler para saber A CIENCIA: 18 de febreiro AVISO IMPORTANTE: esta charla está SUSPENDIDA
AVISO IMPORTANTE!!!:
SUSPÉNDESE a charla "A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos", prevista para hoxe venres 18 de febreiro ás 18:30 na Biblioteca Central Rialeda a cargo de Roberto Bao Casal.
Desculpen as molestias.
16/2/11
Hora do conto: Biblioteca "Rialeda" de Perillo, xoves 17 de febreiro; Biblioteca "Mª José Trincado de Mera", venres 18 de febreiro
Na Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" de Mera, o venres 18 de febreiro teremos a Ratiña Lupiña da Compañía do Trinke Trinke cos títulos “O galo Xacinto”, “Inés do revés”, “O gato lambón”.
14/2/11
Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda
Tertulia Literaria en Rialeda: 16 de febreiro (Grupo B)
Hora: de 17,30 a 19,30