7/8/15

Recomendacións en Radioleiros: 7 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/39184616/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=117965- Infantil (maiores de 8 anos):
"Marieta: los recuerdos de Naneta" de Nob en Dibbuks.
Naneta ou Marieta, así se chamaba cando súa nai a deixa na casa do avó Emilio, é a protagonista desta serie de tres volumes de historietas gráficas que narran con humor e tenrura a infancia da nena no campo, mentras espera que a súa nai volva a recuperala.

- Mozos-as e adultos-as:
"A maleta de Victoria Kent" de Xerardo Agrafoxo, editado por Galaxia.
 
O argumento xira arredor da figura de Xosé Romero Tubío a quen chamaban “O Pombeiro” que foi presidente do Sindicato Agrario de Oficios Varios de Cruído, unha aldea de Lousame. Na ficción, Tubío, recibe o nome de Liberto. Este obreiro foi covardemente http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114184 asasinado nun “paseo” organizado polos camisas azuis máis intolerantes e crueis da vila. Reflicte con gran mestría as barreiras sociais, as loitas de poder e todo o ambiente previo ao golpe de Estado de 18 de xullo de 1936. É de destacar a sensación incómoda de lector-espectador que se sinte ante tanta inxustiza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.