12/9/14

18 de setembro: Nora Strejilevich presenta o seu libro "Una sola muerte numerosa"

http://norastrejilevich.com/
Nora Strejilevich presentará o seu libro "Una sola muerte numerosa" na Biblioteca Central Rialeda o xoves 18 de setembro ás 20:00 horas. Neste encontro coa escritora e investigadora arxentina, memoria viva da ditadura arxentina (1976-1983), conversará sobre o seu libro testemuñal e sobre o movemento cultural e de dereitos humanos que se desenvolveu na Arxentina nos últimos tempos.

Nora Strejilevich é unha narradora arxentina cuxa escritura elabora o legado do Terrorismo de Estado a partir da súa propia experiencia como sobrevivente e exiliada. Tras a súa liberación do campo de concentración “Club Atlético” (1977) foi asilada política en   http://norastrejilevich.com/Canadá, onde se doutorou en literatura latinoamericana na Universidade da Columbia Británica. Exerceu a docencia en varias universidades de Norteamérica entre 1991 e 2006, e adicouse sobre todo á ensinanza de dereitos humanos e literatura.
Ten publicado prosa, poesía e ensaios. O seu libro máis recente é "El arte de no olvidar: literatura testimonial en Chile, Argentina y Uruguay entre los ´80 y los ´90" (2006).
"Una sola muerte numerosa" (1997, 2006) deulle o recoñecemento internacional. Esta novela foi distinguida co Premio Nacional Letras de Oro (USA 1996), traducida ao inglés (A Single Numberless Death, 2002) e adaptada para teatro (USA 2002). En Italia, a historia inspirou a película Nora (2005). O libro estúdase en cursos de universidades de Arxentina, México, Brasil, Alemaña, Austria e Francia.

Nestes momentos Strejilevich adícase á escrita e a investigación. O seu proxecto actual é o estudo da resistencia das mulleres a reximes totalitarios a través da arte.

Recomendacións en Radioleiros: 12 de setembro

Recomendacións en Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=87936http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112732- Infantil (menores de 6 anos):
"Canciño e os seus amigos" en Macmillan.
Libro con poucas páxinas e formato pequeno baseado no esquema táctil e visual. Recomendado a partir dun ano. Apto para lectores-as con problemas de vista ao incluír superficies para tocar.  Na mesma serie: “Michiño”.
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Aperitivos e tapas" de Mariona Quadrada, editado por Baía.
A cociñeira e profesora Quadrada tráenos 103 receitas de aperitivos e tapas protagonistas da cociña galega. Textos claros con fotografías de Josep Borrel nun paseo lúdico e interesante pola gastronomía de hoxe.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/9/14

Recomendacións en Radioleiros: 5 de setembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/34865703/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=111784http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112453- Infantil (menores de 6 anos):
"Este alce es mío" de Oliver Jeffers, en Fondo de Cultura Económica.
O alce chegou un día por casualidade ata a casa de Alfredo e el decidiu de súpeto que debía ser seu, así que dito e feito…
 
- Mozos-as e adultos-as:
"Las chicas de campo" de Edna O’Brien, editado por Errata Naturae.
Na Irlanda dos anos 50, dúas rapazas de campo deixan a súa aldea e inician o camiño cara a vida adulta, primeiro estudando nun duro internado católico e máis tarde como dúas mulleres independentes en Dublín.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.