Desexamos feliz semana a todas as-os nosas-os lectoras-es. E que mellor que comezar con boas cancións! Hoxe é Mercedes Peón, quen non precisa de presentación ningunha, a que abre a nosa fiestra musical. Mercedes Peón comezou moi nova a amar a música: aos 13 anos oíu algunhas mulleres cantando na Costa da Morte. O tocar de pandeiro e o cantar o ribeirana foron as detoantes para escoller as cancións, danzas, historias e experiencias dos seus contemporáneos. Transmitido todo este coñecemento a través da docencia nas escolas municipais, na Televisión de Galicia e nas Universidades da Sorbona, Oporto, Gales, etc.
Fonte: mercedespeon.gal
Escollemos estes "Olores perdidos", que agardamos recuperar axiña: como di esta marabillosa canción, "Voltarei aos mundos dos aires que me levan aos olores, olores perdidos, aromas perdidos, os ollares agochados no sorrisos d´a cotío..." Grazas pola túa música, Mercedes!
Recomendamos a lectura de "Galeg@s sen fronteiras" de José Colmeiro en GaliciaLe. Libro de conversas con algunhas das figuras máis relevantes da efervescencia cultural galega contemporánea. Creadoras-es de todas as artes examinan a profunda transformación cultural acontecida en Galicia nos últimos anos e a construción posible da Galicia do século XXI. Mercedes Peón participa deste fecundo diálogo con José Colmeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario