15/3/13

Recomendacións en Radioleiros: 15 de marzo

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Orellas de bolboreta" texto de Luisa Aguilar e ilustracións de André Neves, en Kalandraka.
Mara é criticada polos seus amigos polo seu físico e o seu xeito de vestir pero co seu carácter logra non darlle importancia. Libro presente na mostra bibliográfica sobre o Día Internacional da Muller Traballadora (8 de Marzo).
- Mozos/as e adultos/as:
"Domingos de calcetíns brancos: retrato do cambio social na xeración de 1950" de Manuel Pérez Rúa, editado por Galaxia. Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.
Retrato dunha xeración que “protagonizou o cambio social na Galicia contemporánea“. Un interesante estudo sociolóxico baseado nas voces de varias ducias de protagonistas nados arredor de 1950. 


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/3/13

14 e 15 de marzo: Obradoiro de poesía infantil na Biblioteca Central Rialeda

Obradoiro de poesía infantil a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Central Rialeda.
 

14 de marzo: ás 9:30 H para o alumnado de 3º A e ás 12:00 H participará o alumnado de 3º B de E. Primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

15 de marzo: ás 9:30 H para o alumnado de 4º A e ás 12:00 H participará o alumnado de 4º B de E. Primaria do CEIP Luís Seoane de Mera
.

11/3/13

13 de marzo: Presentación do libro "Teresa Alvajar López: Memorias dunha republicana" en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda en Perillo (2º andar)
Ás 19 horas. 

Presentación do libro “Teresa Alvajar López: Memorias dunha republicana”. Neste acto intervirán a profesora e autora da obra Aurora Marco e o director de Edicións Laiovento e escritor Francisco Pillado

A continuación proxectarase o audiovisual "Teresa Alvajar. Compromiso e paixón pola Terra" de
Pablo Ces.

Con este acto deséxase contribuír á “recuperación dunha voz máis da memoria democrática, unha voz necesaria que nos achega momentos transcendentais (República) e períodos verdadeiramente traumáticos (guerra e franquismo) da nosa historia”.

Tertulia literaria en Rialeda: 13 de marzo (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: ATENCIÓN, CAMBIO! de 18 a 19 h.

Comentario da obra "La boda de Chon Recalde", de Gonzalo Torrente Ballester
Documentación
Obras de Gonzalo Torrente Ballester nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El sentido de un final" de Julian Barnes.