- Infantil (a partir de 11 anos):
"Meu avó, rei das pequenas cousas" de João Manuel Ribeiro; ilustracións de Catarina Pinto. En Hércules de Ediciones.
O exercicio da reflexión na voz dun neno que ten ao seu avó como referencia cos valores da amizade, o respecto á natureza e ao lugar no que un vive ou do que un vén. Un traballo narrativo con voces como Pessoa ou Lorca xunto a detalles de carácter filosófico.

- Mozas-os e adultas-os:
"Un escritor en guerra: Vasili Grossman en el ejército rojo, 1941-1945" de Antony Beevor e Luba Vinogradova. Editado por Crítica.
Vasili Grossman (1905-1964) acompañou ao exército soviético nas súas campañas en Stalingrado, Kursk, Polonia e Berlín entre outros lugares. Mesturando as crónicas que publicou co contido das súas libretas de notas, Beevor e Vinogradova compoñen un relato dos máis importantes da historia do século XX, mesturando a traxedia coa sensibilidade e o dramatismo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.