No teatro "As Torres" de Santa Cruz
14/12/12
Recomendacións en Radioleiros: 14 de decembro
- Infantil (de 6 a 8 anos):
O gato con botas, adaptación e ilustracións de Fino Lorenzo
Nova versión para os máis novos dun clásico presentado en tapa dura, cunhas ilustracións en “collage” que lle dan un aspecto cubista. Moi interesante desde o punto de vista plástico.
- Mozos/as e adultos/as:
Segunda volume da triloxía The Century. No primeiro, La caída de los gigantes, desenvolvía os acontecementos durante a 1ª Guerra Mundial e a Revolución rusa. Neste, as mesmas cinco familias protagonistas (unha galesa, unha inglesa, unha rusa, unha alemá e outra estadounidense) percorren os anos trinta e a Segunda Guerra Mundial, cun relato ameno e con moitas aportacións de feitos históricos. Un libro interesante, lúdico e moi bo para o tempo libre.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Centenario Rialeda 1912-2012: “Contos e cancións” con Migallas
Hoxe, venres 14 rematamos a semana grande da Biblioteca Central Rialeda coa visita de Migallas Teatro, que nos entreterá cos seus "Contos e Cancións".
Unha actividade especialmente dirixida a nenas e nenos menores de 8 anos e terá lugar no 2º andar da biblioteca.
Unha actividade especialmente dirixida a nenas e nenos menores de 8 anos e terá lugar no 2º andar da biblioteca.
Esperámosvos ás 18,30 h.!!!
11/12/12
Centenario Rialeda 1912-2012: Mesa redonda con Manuel Rivas, Henrique Seoane e Ángel García Seoane
O edificio Rialeda, do prestixioso arquitecto Rafael González Villar (1887-1941), autor de importantes proxectos arquitectónicos na Coruña, Oleiros, etc. chega ao seu centenario.
Moitas grazas por celebrar este centenario con nós!!!
Tertulia literaria en Rialeda: 12 de decembro (Grupo A)
Na Casiña de actividades da Biblioteca Central Rialeda
Hora: 18,30 a 20,00 h.
Comentario da obra "La boda de Chon Recalde" de Gonzalo Torrente Ballester.
Documentación
Obras de Gonzalo Torrente Ballester nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "El insólito peregrinaje de Harold Fry" de Rachel Joyce.
Con esta sesión remata o 1º trimestre. A actividade retomaráse o mércores 9 de xaneiro.
Desexamos a todas as participantes un feliz nadal e un venturoso ano 2013!

Centenario Rialeda: "Contos para unha tarde de outono" con Paula Carballeira
Hoxe 11 de decembro, celebramos a 2ª xornada da semana de conmemoración do centenario da Biblioteca Central Rialeda na que contaremos coa visita de Paula Carballeira, que nos ofrecerá "Contos para unha tarde de outono".
Esta actividade diríxese especialmente a nenas e nenos menores de 8 anos e terá lugar no 2º andar da biblioteca.
Esperámosvos ás 18,30 h.!!!
Esta actividade diríxese especialmente a nenas e nenos menores de 8 anos e terá lugar no 2º andar da biblioteca.
Esperámosvos ás 18,30 h.!!!
10/12/12
Centenario Rialeda: "Ventá máxica" con Soledad Felloza
Empezamos a semana grande da Biblioteca Central Rialeda coa visita da actriz uruguaia Soledad Felloza, que nos ofrecerá "Ventá máxica", unha actividade especialmente dirixida aos/ás máis pequenos/as (menores de 6 anos).
Esperámosvos ás 18,30 h.!!!
Esperámosvos ás 18,30 h.!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)