13/11/10

Presentación do libro de Carlos Callón "En castellano no hay problema": mércores 17 de novembro

O mércores día 17 de novembro no Teatro As Torres de Santa Cruz, ás 20 horas a Asociación Cultural Vieiros en colaboración co Concello de Oleiros presentará o libro "En castellano no hay problema" de Carlos Callón, editado por Xerais.
Carlos Callón (Ribeira,1978) é presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural galega, desde o ano 2002. Preside tamén a Fundación Vía Galego e o Comité de Estado da Axencia Europea das linguas minoritarias. Participou no impulso da plataforma unitaria Queremos Galego. É profesor de lingua e literatura galegas en secundaria, autor de diversos traballos sobre sociolingüística e activo conferenciante.
No libro "En castellano no hay problema" xunta diversos textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, as reivindicacións sobre o mesmo, as posíbeis alternativas e convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade. En castellano no hay problema" é un libro moi útil no debate no que se atopa o galego.

12/11/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 12 de novembro:
- Infantil (nenos-as maiores de 8 anos):
"El prodigioso viaje de Edward Tulane" de Kate Dicamillo, en Noguer. Edward Tulane é un fachendoso e soberbio coello de porcelana. Vive nunha elegante mansión coa súa propietaria, a nena Abilene Tulane, con toda clase de luxos .Por desgraza, esta vida acaba para Edward o día que accidentalmente se ve separado de Abilene.
- Mozos-as e adultos-as:
"Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout, editado por El Aleph.
Trece relatos que nos achegan á vida cotiá de Olive Kitteridge, profesora xubilada, e os seus veciños, residentes nunha pequena vila costeira de Nova Inglaterra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/11/10

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 11 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 11 de novembro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Avoa Violeta da Compañía Trinke Trinke contará: “Ter amigos é divertido", "Pastel para inimigos". Para os-as maiores de 6 anos Fran Insua contará: "Xosefina ao asexo", "O circo estraño", "A merenda do señor Verde".

10/11/10

Hora do conto nas Bibliotecas "Rosalía de Castro" de Santa Cruz " e "Xograr Mendiño" de Lorbé: mércores 10 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 10 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto con "Madre Chillona", "Fin Herman", "Malena Ballena".

Tamén o mércores 10 na
Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé poderás escoitar a Caxoto con "Contos de castañas e cogumelos"

8/11/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 10 novembro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "La ternura de los lobos" de Stef Penney.

Consulta e descarga a nosa documentación.
Obras de Stef Penney nas nosas bibliotecas.

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 8 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 8 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ramiro Neira na Hora do conto con "Lin Piao e Lu Sin" e "O castelo".