3/5/24

Paul Auster, 1947-2024: Maxia, sorpresa, emoción

Paul Auster, 1947-2024: Maxia, sorpresa, emoción
Faleceu o autor que non usaba ordenador para escribir as súas obras e fixo de Brooklyn un personaxe máis das súas novelas. Autobiografía, ficción e realidade mesturadas nas proporcións axeitadas coas que creou mundos literarios onde se cruzaban o destino e a casualidade. Guionista, director de cine e escritor prolífico, conta con millóns de lectoras-es en todo o mundo.
"Diario de inverno" e "Sunset Park" foron lecturas recomendadas en Radioleiros.
"El palacio de la Luna" foi obxecto de análise nas tertulias literarias.
Obras de Auster en Bibloleiros
Paul Auster en GaliciaLe
Títulos dispoñibles en eBiblio
Visita as expos de Auster que temos para ti na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).


Hora do conto: 8 a 10 de maio de 2024

Hora do conto: 8 a 10 de maio de 2024
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza.
 
Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das mesmas.

Mércores 8 de maio, ás 18:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contos no ar”
CONTACONTOS: Ramiro Neira

Xoves 9 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Animais do bosque”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

Xoves 9 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Cantos conto canto”
CONTACONTOS: Pablo Díaz

Venres 10 de maio, ás 18:30
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Con ou sen consentimento”
CONTACONTOS: Fran Amil

Venres 10 de maio, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Da cabeza aos pés”
CONTACONTOS: Charo Pita
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 3 maio 2024

- Infantil (de 4 a 6 anos):

Os Bolechas van de vacacións a Ribadavia, de Pepe Carreiro
Bolanda

Nova historieta desta familia divertida e o seu can que serve para coñecer a realidade desta vila: o castelo, a festa da Istoria, a Mostra Internacional de Teatro, o barrio xudeu da man dos debuxos de Pepe Carreiro.


- Mocidade e persoas adultas:

Cartas, de Jack Kerouac e Allen Ginsberg ; edición de Bill Morgan e David Stanford
Anagrama

Escolma da correspondencia (1944-1969) entre os dous membros máis coñecidos da xeración Beat. Ideas para os seus escritos, relacións sociais, viaxes, éxitos e fracasos, festas, nun libro que xa é parte da historia da literatura norteamericana contemporánea.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de maio 2024

Actividades de promoción da lectura: 6 a 10 de maio 2024
Programa de actividades de promoción da lectura
que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 6 a 10 de maio:
Luns 6 de maio:
- 10:20 alumnado de 1º de Bacharelato do IES Neira Vilas (Perillo).
"Poéticas: unha viaxe pola poesía española" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.
Mércores 8 de maio:
- 10:15 alumnado de 1º de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Entre bechos anda o conto" con Galeatro.
Xoves 9 de maio:
- 10:20 alumnado de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Santa Cruz).
"A pequena Luísa" con Ramiro Neira.

Venres 10 de maio:
- 10:30 alumnado de 5º e 12:15 alumnado de 6º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Luísa Villalta: entre violín e poesía" con Charo Pita.

Martes 7 de maio:
- 10:15 e 11:45 alumnado de 5º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Mércores 8 de maio:
- 10:15 alumnado de 5º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.
Xoves 9 de maio:
- 10:15 e 11:45 alumnado de 6º do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Aproximación á ilustración" con Óscar Villán.