23/12/10

Premio María Moliner ás Bibliotecas Municipais de Oleiros

Logo Premios María MolinerO Ministerio de Cultura en colaboración coa FEMP e a Fundación Coca-Cola acaba de conceder os Premios María Moliner de animación á lectura.

De entre os proxectos presentados por bibliotecas de todo o Estado Español (aparte dos tres primeiros premios que están elixidos por nº de poboación e que no grupo de poboación de 20.001 - 50.000 habitantes gañou a Biblioteca de Tortosa en Tarragona) seleccionou 300 proxectos ganadores que recibirán un lote bibliográfico de 200 libros. O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros titulado “A lectura esa gran viaxe” no que se explican as actividades de promoción da lectura que se realizaron no primeiro semestre deste ano, resultou seleccionado entre estes 300 proxectos.

GRAZAS A TODOS-AS POR PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES!!!

GRAZAS POR FACER BIBLIOTECA!!!


Contos para contar na lareira, este nadal, nas bibliotecas

Icono Contos para contar na lareiraO Centro de Información Xuvenil e as Bibliotecas do Concello de Oleiros, coa colaboración do Grupo de Teatro Portaberta, organizará durante as vacacións de Nadal unha serie de contacontos nas Bibliotecas Municipais e no Centro Cultural A Fábrica.
O grupo de Teatro Portaberta formado por Sabela Ramos Candedo, Daniel Vázquez Paredes, María Abad Ruibal, Julia Laport Ribas, Rebeca Sosa Molinelli, Sabela Dominguez Pérez, Lucía Pombo López e Cristina Eirea Ponte, levará a cabo unha adaptación de unha serie de contos para achegar ata os máis novos e todos aqueles que así o desexen, as disintas imaxes do Nadal.
O calendario e os lugares dos contacontos son:

22/12/10

Programación de actividades para os Centros de Ensino Públicos

Presentamos esta programación coas actividades que se realizarán ao longo do ano 2011 para os Centros de Ensino Públicos do noso concello. A maior parte das mesmas terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz e na Biblioteca Municipal "Manuel María" de Oleiros.

Calendario de apertura das Bibliotecas Públicas Municipais nos días de Nadal

foto ábore de nadalDurante os días do Nadal van pechar algunha das nosas bibliotecas. Relacionámosche a continuación os días e as bibliotecas nos que non estarán abertas: iso si, permanecerán abertas para o teu servizo, a Biblioteca Central "Rialeda" de Perillo, a Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz e a Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós.
Os días 24 e 31 de decembro e o sábado 8 de xaneiro de 2011 pechan todas as bibliotecas.


-> Do 27 ao 30 de decembro (ambos incluídos) estará pechada a Biblioteca "Mª Jose Trincado" de Mera.
-> Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2011 estarán pechadas a Biblioteca "Manuel María" de Oleiros, a Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove, a Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda e a Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé.

Aproveitamos para desexar unhas boas festas de nadal a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.

20/12/10

Guía de Lectura "Palabras para encher ilusións"

Presentamos a guía de lectura do Nadal 2010 titulada "Palabras para encher ilusións".

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.


Desde as Bibliotecas municipais ofrecemos esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 diciembre 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Aula de Actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h. Última tertulia do ano 2010.

Comentario da obra "Arthur & George" de Julian Barnes.