4/4/12

Hora do conto: de 11 a 13 de abril

Aquí tes a programación da hora do conto de 11 a 13 de abril.
Todas as sesións son ás 18:30 horas.
Mércores 11 de abril
CONTACONTOS: Marta Ríos
TÍTULOS: "Zogloboló" (un rei africano moi fachendoso),  "O longo inverno" (a historia duns animais que marcharon buscando a calor)
Xoves 12 de abril
TÍTULOS: Os ratos e a lúa: "A que sabe a lúa?", "Rodolfo e o aniversario de Susi"
Venres 13 de abril
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Contos de ratiños" 
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 13 de abril
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "A nube cobizosa", "Xan sen medo", "A madrigueira abarrotada" 

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Novidades DVD Cine en Rialeda: 1ª semana abril 2012

Chega a Semana Santa e propoñémosche 12 novos títulos para iniciar o mes.
Achégate polo 2º andar da biblioteca ou consulta o listado online


Podes reservar algún título en caso de atoparse prestado, a través do catálogo
(necesario iniciar sesión)

2/4/12

Biblioteca de Montrove: Abril, mes dos libros

Esperámosche na Biblioteca de Montrove durante todo o mes de abril para celebrar diversas datas de gran importancia cultural, o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor (23 de abril):

Presentámosche unha Exposición Bibliográfica con obras da tríada literaria máis famosa da historia: Andersen, Cervantes e Shakespeare.

Asimesmo queremos iniciar aos máis pequenos/as na creación literaria a través da actividade "Facemos un libro?" na que poderán dar os seus primeiros pasos ilustrando relatos ou poñendo a súa imaxinación a funcionar para crear historias por si mesmos/as.

Finalmente, todos/as os usuarios/as que pasen pola biblioteca recibirán un pequeno agasallo.