- Intantil (a partir de 10 anos):
"Plan de rescate" de Antía Yáñez. Ilustracións de Xiana Teimoy. Editado por Xerais.
Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2019 convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba e a editorial Xerais.
Un libro de aventuras sobre o asalto a un colexio por uns encapuchados con escopetas. Encerran no comedor ao alumnado e ao profesorado, excepto a uns poucos alumnos e alumnas que estaban nunha clase de apoio pero que os secuestradores non o sabían.
Estes alumnos e alumnas son:
Xeila, guapa e fachendosa, cun pelo louro sempre perfecto, á que lle custa pronunciar os erres e os eses, a pesares de ser moi faladora.
Heitor, ten varios tics e a veces dálle un mal o que lle provoca que se mova de xeito incontrolado.
Aldán, un neno que ten dificultades para expresarse e utiliza pictogramas.
A narradora, Noela, anda nunha cadeira de rodas.
Cando estaban na clase oíron un estrondo enorme, polo que a profesora Xoana foi ver o que pasara. Como tardaba tanto, Noela decidiu acender o ordenador da clase e aí saben que na radio están falando do seu colexio, ao que acudiu a policía, e xa len “Posible asalto ao CEIP O Horreo”. Ante isto, urden un plan para axudar aos seus compañeiros e compañeiras e ao profesorado.
Unha obra que nos fala de amizade, de compañeirismo e a importancia de traballar por un mundo máis inclusivo.

- Mozas-os e adultas-os:
"Stoner" de John Williams. Editado en Baile del Sol.
Versión orixinal en inglés.
Para diversos críticos literarios e escritores “Stoner” é unha obra mestra que estivo ignorada durante algún tempo. Cunha excelente narración, descríbenos a vida do profesor William Stoner. Naceu a finais do século XIX nunha pequena granxa no Misuri Central. Desde pequeno tiña que axudar na granxa familiar. Aos 17 anos os seus ombreiros comezaron a encurvarse polo peso das duras tarefas que desenvolvía nunha casa solitaria, onde el era o fillo único dunha familia metodista. Cando acabou a secundaria pensaba que tería que facerse cargo dos traballos máis duros, pero, grazas a que un representante do condado foi falar co pai, ese outono puido comezar os seus estudos de agricultura na universidade. Vivía na casa dun primo de súa nai, na que tamén tiña que traballar para poder pagar o aloxamento e a manutención.
No segundo curso vai desenvolver unha paixón pola materia de literatura inglesa, baixo a mestría dun profesor temido e aborrecido pola maioría dos seus alumnos. A causa disto, no segundo semestre interrompe os seus estudos na facultade de agricultura e cambia para os de literatura. Esta decisión cambiaría a súa vida, converténdose, nun futuro, en profesor de literatura da Universidade de Misuri-Columbia, onde levaría unha vida dedicada totalmente a este traballo, pero equivocándose na súa vida familiar.
Asistiremos a intrigas académicas, a un matrimonio desgraciado, unha filla moi querida pero pola que non loitou para educala el directamente e que acaba converténdose nunha muller infeliz, un amor extramatrimonial...
Cunha fermosa e precisa prosa, e un espléndido estilo, directo e convincente, estamos ante un libro que fala da cultura do esforzo, do amor pola literatura, da rectitude no exercicio da súa profesión e de non deixarse corromper.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.