15/7/22

Recomendacións en Radioleiros: 15 xullo 2022

- Infantil (ata 6 anos):

Cancodrilo en Oleiros, de Xabier López Mateos
Linteo

Cancodrilo ese animaliño humanizado, metade can e metade crocodilo, e os seus amigos Ourizopicón, Laura, Adela e Nico, visitan o Concello de Oleiros. Acompañándoo coñeceremos os edificios máis emblemáticos pero tamén as zonas naturais máis importantes do municipio dun xeito divertido e dinámico.

- Mozas/os e adultas/os:
 
Paisajes de invierno, de Milagros Frías Albalá
Alianza

Carmen vive soa e despreocupada, ten un traballo que lle gusta e, nun corto espazo de tempo, pasa dunhas relacións persoais máis ben escasas a coñecer dous homes que van dar un xiro á súa vida. Sen embargo, será voltar a ter noticias da súa avoa Violeta o que lle fará descubrir que ás veces na vida hai que tomar as decisións que desexamos, aínda que por difíciles non nos atrevamos a tomalas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/7/22

As bibliotecas de Oleiros, premiadas novamente nos María Moliner

Un ano máis, o proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros foi seleccionado pola Comisión de Valoración do "Concurso de Animación a la lectura María Moliner" do Ministerio de Cultura y Deporte en colaboración coa FEMP, neste caso, como beneficiarias dunha subvención en metálico de 2777'77€ destinada á compra de libros.

O proxecto titúlase "Oleiros, un escenario literario" e nel descríbense as actividades de fomento da lectura levadas a cabo desde setembro de 2021 a marzo de 2022.

Seleccionaron 370 proxectos promovidos por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel de todo o Estado. De Galicia seleccionaron as seguintes bibliotecas:
- Biblioteca de O Grove
- Biblioteca de Verín
- Biblioteca de Ares
- Biblioteca de Campo Lameiro
- Biblioteca de Esgos
- Biblioteca de Mañón
- Biblioteca de Oleiros
- Biblioteca de Ortigueira
- Biblioteca de Pazos de Borbén
- Biblioteca de Pereiro de Aguiar
- Biblioteca de Ribadavia
- Biblioteca de Sober
- Biblioteca de Soutomaior

Esta subvención destinarase á adquisición de libros para as bibliotecas municipais, en función das súas necesidades, e para completar os seus fondos bibliográficos en beneficio de todas as veciñas e veciños do municipio.

Grazas por participar nas nosas actividades, grazas por facer biblioteca!

"Ler é un pracer" e "Contos de peixes, peixiños e outros animaliños" na Biblioteca Manuel María (Oleiros)

"Ler é un pracer" é unha exposición para as-os nosas-os lectoras-es adultas-os: aos libros desta expo non lles gusta estar pousados nun andel. Viaxan polo mundo en busca de lectoras-es inquedas-os. Este verán estarán na Biblioteca Manuel María (Oleiros) proporcionando entretemento, emoción e moito pracer. Algúns dos libros da exposición: Novelas de adultas -os procedentes de Rialeda: "Llámame por tu nombre" (André Aciman), "El último deseo" (Andrzej Sapkowski), "La amiga estupenda" (Elena Ferrante), "Soy una mamá" (Megan Maxwell)...

"Contos de peixes, peixiños e outros animaliños" é unha expo para o noso público infantil e xuvenil: os
contos que forman parte desta mostra bibliográfica teñen moito que ver co mar e os seus habitantes e seguro que gustarán ás-aos máis pequenas-os da casa.
Algúns títulos que ofrecemos son: "Nadarín", "Xa voooou!", "Pescadoras", "20.000 leguas baixo dos mares", "Carabela", "Os peixes de cores", "Aventura na praia"...


13/7/22

AVISO: horario da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) de 14 de xullo

 O horario ao público da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) do xoves 14 de xullo será de 8:15 a 14 h. (mañá) e de 15 ás 19:45 h. (tarde).

"Un verán para ler" na Biblioteca Ánxel Fole (Nós) e “Todo o verán cun libro na man!” na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé)

"Un verán para ler" é unha expo de libros infantís sobre o verán, a praia, viaxes, xogos e campamentos na Biblioteca Ánxel Fole (Nós). 
Eis algún título que podes levar en préstamo: "Gatiño vai de vacacións", "Las vacaciones de Roberta", "¡El verano ya está aquí!", "Na area" , "Teo va de campamento", "Los mejores juegos para tus vacaciones", etc.
 
“Todo o verán cun libro na man!” é unha exposición con libros infantís, xuvenís e de adultos, ambientados no verán e na praia que podes gozar na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
Algúns dos títulos son:
Libro adulto: "El verano que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Ţîbuleac. Libro xuvenil: "El verano en el que todos estábamos enamorados" de Marjaleena Lembcke. Libro infantil: "Ratos de viaxe".

11/7/22

Cecilia Monllor recomenda... neste verán 2022!

 Cecilia Monllor, coordinadora dos clubs de lectura de Rialeda e Santa Cruz, suxírenos 12 lecturas axeitadas para espertar todo tipo de emocións, pensadas especialmente para desfrutar durante este tempo de lecer.

Achégate ás Bibliotecas de Oleiros a descobrilas!