25/4/14

Recomendacións en Radioleiros: 25 de abril

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=doce+cuentos+peregrinos&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=72193- Infantil (a partir de 6 anos):
"Un bico de amor e vida" de Xosé A. Neira Cruz, con ilustracións de Enjamio e coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia, en Galaxia.
Recreación do conto tradicional de A Sereíña de Andersen a cargo de Xosé A. Neira Cruz, coa colaboración da Real Filharmonía de Galicia quen puxo o marco musical ("Mares nocturnos", de Manuel Balboa) e da voz da actriz de dobraxe María Inés Cuadrado. Historia de amor entre dous seres de mundos distintos co telón de fondo da traxedia do Prestige, que volveu negro o azul do mar.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"Doce cuentos peregrinos" de Gabriel García Márquez, editado por Plaza&Janés.
Relatos que Gabo empezou a escribir na súa estadía en España aló polo ano 1992, segundo relata no prólogo. O tema de fondo en todos é intentar reflectir as vivencias dos latinoamericanos como inmigrantes en Europa. Todos os relatos teñen lugar en Europa, non en Ámerica. En cada un deles narra historias pragadas do realismo fantástico propio de García Márquez.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/4/14

Ler para saber A CIENCIA: 25 de abril

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-17365.pdf
Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 25 de abril ás 18:30h., para participar nesta actividade dirixida a nenas e nenos a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. 

Esta charla de divulgación titulada “Na procura dos deuses da Idade do Ferro. Da ciencia á fantasía con “Vento e chuvia” correrá a cargo de Manuel Gago Mariño e Soledad Felloza. Manuel Gago é profesor da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación e director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega. Soledad Felloza é contadora de contos, actriz e fotógrafa. 
Seleccionamos para ti libros para esta charla divulgativa.

Nota importante: durante a celebración da actividade interrumpiráse o servizo de ordenadores e internet do 2º andar da biblioteca. Desculpen as molestias.

24 e 25 de abril: "Viaxe a París" con Trinke Trinke en Santa Cruz e Oleiros

Nas Bibliotecas de Santa CruzOleiros teremos o pracer de coñecer a Lilí Gruyère, a máis grande artista de todos os tempos de Lonxedetodo: ven de regresar de París, cidade da luz e do amor. Despois de amosarnos algúns dos números artísticos cos que trunfou nos mellores cabarets e teatros, imos descubrir que Lilí......ven namorada!

A Compañía Trinke Trinke vai poñer en escena este espectáculo titulado "Viaxe a París".
- 24 de abril:  ás 10,20 h. para alumnado de Educación Infantil (5 anos) A e B do CEIP Parga Pondal
- 25 de abril: ás 10,15 h. para alumnado de 2ª A e B de Primaria do CEIP A Rabadeira.
- 25 de abril: ás 11,30 h. para alumnado de 2º C de Primaria do CEIP A Rabadeira.

22/4/14

Día mundial do libro 2014 nas bibliotecas de Oleiros

http://portharcourtworldbookcapital.org/
Cos obxectivos de conmemorar o Día Mundial do Libro e potenciar o hábito lector, as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros organizan numerosas actividades de promoción da lectura como espazos de ocio e aprendizaxe dirixidos a toda a poboación, programando actividades que abarcan as diferentes idades e distintos formatos como contacontos, espectáculos teatrais, narracións dramatizadas, charla de divulgación científica, talleres e tertulias literarias, obradoiros de banda deseñada, obradoiros de poesía e exposicións de libros e mostras bibliográficas. A UNESCO nomeou a cidade nixeriana de Port Harcourt capital mundial do libro 2014.
Contacontos en todas as bibliotecas, ás 18:30 horas, dirixidos a nenas e nenos menores de 10 anos: o día 22 quen queira gozar cos contos de Caxoto pódese achegar á Biblioteca de Montrove ou o 29 á Biblioteca Manuel María de Oleiros; o 23 á Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz para escoitar a Soledad Felloza, ou á Biblioteca de Lorbé con Pedro Brandariz; se prefire a Pizpireta pode oíla o 24 na Biblioteca Central Rialeda ou o 28 na Biblioteca de Dorneda; a Ramiro Neira o 25 na Biblioteca de Mera e ese mesmo día tamén estará a Compañía Trinke Trinke na Biblioteca de Nós; e o día 30 contarase coa presenza de Gemola na Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz.

Ademais, o 24 de abril, ás 17 horas, realizarase un contacontos especial para menores de 4 anos na Biblioteca Central Rialeda con Charo Pita (neste caso é imprescindible reservar praza).

O 25 de abril, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda, teremos unha charla de divulgación científica, dirixida a nenas e nenos (a partir de 10 anos) adolescentes e para público en xeral, titulada “NA PROCURA DOS DEUSES DA IDADE DO FERRO. DA CIENCIA Á FANTASÍA CON “VENTO E CHUVIA” a cargo de Manuel Gago Mariño e Soledad Felloza. Manuel Gago Mariño é profesor da Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega. Soledad Felloza é contadora de contos, actriz e fotógrafa.
 
Continuamos coas tertulias literarias para mozos/as e adultos/as na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. No grupo B da Biblioteca Rialeda, o 23 de abril comentarase a obra “El proyecto esposa” de Graeme Simsion e no grupo A, desa mesma biblioteca, o día 30, falarase de “El amor no es un verso libre” de Susana Fortes.
 
 http://www.unesco.org/new/en/unesco/events/prizes-and-celebrations/celebrations/international-days/world-book-and-copyright-day-2014/Estanse a realizar contacontos dirixidos especificamente a alumnado dos centros de ensino público de Oleiros como por exemplo, “Contos con ovos”, a cargo de Pablísimo, para alumnado de educación infantil do CEIP A Rabadeira de Oleiros, os días 22, 23 e 24 de abril na Biblioteca Manuel María de Oleiros. “Viaxe a París”, a cargo da Compañía Trinke Trinke, para alumnado de ensinanza primaria dos colexios Luis Seoane de Mera e A Rabadeira de Oleiros, os días 24 e 25 de abril na Biblioteca Manuel María de Oleiros e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. “Contos terribles”, a cargo de Pablísimo, para alumnado do colexio Luis Seoane de Mera, o día 29 na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e tamén nesta biblioteca, o día 30, “O cole de lonxe de todo” a cargo da Compañía Trinke Trinke, para alumnado de educación infantil do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.
A compañía Matapiollos Teatro levará a cabo, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz, o espectáculo “Abrapalabra”, o día 22 de abril para  alumnado de 4º e 5º de primaria do CEIP Luis Seoane de Mera.

Obradoiros de banda deseñada a cargo do ilustrador Manel Cráneo, os días 23 e 25 de abril, para alumnado dos colexios Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e Luis Seoane de Mera, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz.

Obradoiros infantís de poesía realizados pola poeta Yolanda Castaño e dirixidos a alumnado de 5º e 6º de primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros, os días 29 e 30 de abril na Biblioteca Manuel María de Oleiros.

Sen esquecernos das mostras bibliográficas e  exposicións de libros: Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz "23 álbums ilustrados para ti: exposición dos mellores álbums ilustrados da editorial Juventud”.
Na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca de Santa Cruz, exposicións especiais adicadas ao insigne escritor falecido recentemente, “Gabriel García Márquez 1927-2014”. En Rialeda continuamos tamén con "100 anos de Platero y yo” de Juan Ramón Jiménez e “O máis doce aniversario: 50 anos da publicación de Charlie e a fábrica de chocolate” de Roald Dahl.

23 e 25 de abril: Manel Cráneo na Biblioteca "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Obradoiro de banda deseñada na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz a cargo de Manel Cráneo:

23 de abril:
- Ás 11,00 h. para alumnado de 5º A Primaria do CEIP Luis Seoane.

25 de abril:
- Ás 11,00 h. para alumnado de 6º A Primaria do CEIP Parga Pondal.

O ilustrador Manel Cráneo achégase á Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz para amosar o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre el e a súa obra, accede aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga este folleto.

Tertulia literaria en Rialeda: 23 de abril (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "El proyecto esposa" de Graeme Simsion.
Documentación
Obras de Graeme Simsion nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "El tren pasa primero" de Elena Poniatowska.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos aos/ás participantes a traer - a xeito de agasallo - libros (preferentemente non lidos) que serán repartidos entre tod@s seguindo o xogo do "amigo invisible". Cada participante deberá poñer en común o porqué da súa escolla.