"A gran travesía de Chiruca Macallás" é unha obra publicada por
Xerais, que conta a viaxe dun barco que parte para o Gran Sol ao mando dunha muller: Mercedes, patroa de pesca e antes vocalista do conxunto ForzA dozZE!
Coa enorme forza do relato oral e a inclusión de elementos fantásticos,
Xurxo Souto ofrécenos unha novela que relata a aventura dunha marea singular.
A presentación terá lugar ás
20 h. e estará acompañada de música e cancións.
Gran difusor da música galega, Xurxo Souto é autor de
A tralla e a arroutada (1995),
Fumareu (1997),
O retorno dos homes mariños (1999),
Tres trebóns (2005),
Contos do mar de Irlanda (2014) e o ensaio
Contos da Coruña (2001), todos editados en
Xerais.
Asimesmo foi músico e vocalista de
Os Diplomáticos de Monte Alto, presentador e divulgador radiofónico na
Radio Galega,
Cuac FM e traballou como actor.
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a palabra deste autor e as cancións que o acompañarán.