18/3/17

Actividades infantís en Bibloleiros: de 20 a 24 de marzo 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25482.pdfTodas as sesións se celebrarán ás 18:30, agás o Obradoiro de maxia, na Biblioteca de Santa Cruz, que comezará ás 17:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 20 de marzo
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contamos en igualdade”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 21 de marzo
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de aquí e de acolá”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 22 de marzo, ás 17:30
Para nenas-os de 7 a 10 anos (imprescindible reservar praza no 981 626 338)
MONITORADO: Chrystyan Magic
ACTIVIDADE: “Obradoiro de maxia”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 23 de marzo
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “O ratiño presumido”

Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 23 de marzo
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos da primavera que todo o altera”

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 24 de marzo
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza no 981 628 507)
CONTACONTOS:  Ramiro Neira
TÍTULO: “Bos días!”

Tertulia literaria en Rialeda: 22 marzo 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-25728.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Un mal nombre" de Elena Ferrante
Documentación

A seguinte obra programada é "El vino de la soledad" de Irène Némirovsky

Tertulia literaria en Santa Cruz: 20 marzo 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.xerais.es/autores.php?tipo=autores&id=100005336Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Izan o da saca" de Xabier Quiroga

A seguinte obra programada é "Mil soles espléndidos" de Khaled Hosseini

Recomendacións en Radioleiros: 17 marzo 2017

   https://soundcloud.com/bibloleiros/17032017-recomendacions-en-radioleiros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1198208- Infantil-Xuvenil (de 6 a 8 anos): 

Fadita fosca!, de Miguel Vázquez Freire; debuxos, Xosé Tomás
Baía

Unha tranquila mañán, a pequena Saleta e a súa familia están a disfrutar dun almorzo en familia cando de súpeto un berro de Saleta levántaos a todos da cadeira. ¿Qué foi o que asustou á rapaza? Pois nin mais nin menos que un negro moscón que estaba pousado na trona onde comía a pequena. Toda a familia fixo intentos por atrapalo, pero era máis veloz ca todos. Ao día seguinte, volveu zumbar na casa e foi cando o avó e Saleta decidiron declararlle a guerra ao molesto insecto.

Unha divertida historia que amosa a fermosa relación que se orixina moitas veces entre avos/avoas e netos/as.

- Mozos/as e adultos/as:

Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff
Periférica : Errata Naturae

Angelika Schrobsdoff narra, como se fose unha novela, as memorias da súa nai, Else Kirschner e de todos os que a rodearon, desde o seu nacemento nunha familia xudía burguesa en Berlín de comezos de século XX ata a súa morte. A autora fai un relato exhaustivo, centrado en construir o xeito de pensar dunha muller que quixo ser diferente desde a súa infancia, desde que tivo conciencia de sí mesma e empezou a romper moldes. Else, en efecto, non foi como outras nais, pero non porque se despreocupase dos seus fillos ou non sentira afecto por eles, senón porque elexiu un xeito de vida independente e menos conservador que os seus antepasados.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 20 a 24 de marzo 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25508.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello na semana de 20 a 24 de marzo:

Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 20 de marzo:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 1º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:30 h. - 1º C e 2º A de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas: contos nos que a lectura é a protagonista" a cargo da actriz e contacontos Paula Carballeira.

Martes 21 de marzo:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5º A e B de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 11:10 h. - 5º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Cantando con Rosalía" a cargo de Carmela Sánchez (Etnoga).

Mércores 22 de marzo:
- 1ª sesión: 10:20 h. - 3 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 4 e 5 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Paxariños" a cargo da Compañía Trinke Trinke.

Xoves 23 de marzo:
- 9:20 h. - 2º B e C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas: contos nos que a lectura é a protagonista" a cargo da actriz e contacontos Paula Carballeira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Mércores 22 de marzo:
- 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas: contos nos que a lectura é a protagonista" a cargo da actriz e contacontos Paula Carballeira.

Xoves 23 de marzo:
- 10:20 h. - 1º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"O corazón delator" a cargo da actriz e contacontos Soledad Felloza.

Venres 24 de marzo:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 3º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán", a cargo da actriz e contadora Soledad Felloza.

Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros