15/6/12

Novidades DVD Cine en Rialeda: 2ª quincena xuño 2012: "Dalle unha oportunidade aos Clásicos!"

28 clásicos de John Huston, Sam Peckinpah, Robert Bresson, Luis Buñuel,
Nicholas Ray, Carl Theodor Dreyer, Jules Dassin, William Wyler e outros artesáns.

Atópaos nos expositores do 2º andar da biblioteca
Consulta o listado
Importante: Só se fan reservas sobre material prestado.

Recomendacións en Radioleiros: 15 de xuño

- Infantil (de 8 a 10 anos):

El pequeño Rey Diciembre, de Axel Hacke
Editado por Lumen

Historia de amizade entre un oficinista e o pequeno rei Decembro, un ser que naceu grande e vai a menos a medida que pasa o tempo. A importancia de ollar as estrelas, comezar aventuras, imaxinar as historias dos que se cruzan nos nosos camiños.

Un libro con magníficas ilustracións de Michael Sowa.

- Mozos/as e Adultos/as:

Contos da era do jazz, de F.Scott Fitzgerald
Editado por Rinoceronte

Os anos vinte contados en forma de relatos por Scott Fitzgerald, un dos mellores escritores norteamericanos do século XX: unha época definida polo autor como a "era do jazz".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

14/6/12

Tertulia literaria en Rialeda: valoración final dos títulos da tempada 2011-2012

Unha vez rematada a tempada de Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda, é hora de facer balance das propostas literarias que ofrecimos ao longo dos pasados meses.

Os 3 libros máis valorados polas participantes do Grupo A son os seguintes (dun total de 16):

- La mancha humana, de Philip Roth (9,2)
Philip Roth (Premio Príncipe de Asturias 2012) lembra nesta novela a dobre moral da sociedade norteamericana con toda a complexidade do problema racial. Distintas caras dunha sociedade que ao aferrarse a valores como a raza, a relixión e a orientación sexual, na defensa do seu individualismo sobre todo na defensa dos seus mesquiños intereses, perde parte da liberdade conquistada.

- Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez (8,9)
Máis de corenta anos dende a súa aparición mantense intacta a maxia do mundo de Macondo, co prolongado e laberíntico proceso que o leve da inocencia dos seus orixes ata unha prosperidade precaria e o seu final, a través do ascenso e caída da estirpe dos Buendía.
- Salir a robar caballos, de Per Petterson (8,6)
As lembranzas de adolescencia de Tron Sender, un relato iniciático ambientado a finais dos anos corenta do século pasado nun lugar entre Suecia e Noruega. Os feitos relacionados co seu pasado irán saíndo á luz, nun descubrimento do erotismo, da morte e da falsa harmonía familiar.

Os 3 libros máis valorados polas/os participantes do Grupo B son os seguintes (dun total de 16):

Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez (9,2)
Máis de corenta anos dende a súa aparición mantense intacta a maxia do mundo de Macondo, co prolongado e laberíntico proceso que o leve da inocencia dos seus orixes ata unha prosperidade precaria e o seu final, a través do ascenso e caída da estirpe dos Buendía.

- Retahilas, de Carmen Martín Gaite (8,4)
Eulalia é unha muller madura que regresa ao pazo familiar ante a inminente morte da súa avoa. No lugar da súa nenez atopará ao seu sobriño Germán e ambos confrontarán os seus respectivos roles a través das súas lembranzas e das persoas que marcaron as súas vidas.

- Viajes con Heródoto, de Ryszard Kapuscinski (8,3)
Un mozo polaco xornalista é enviado como corresponsal á India. Consigo leva a Historia de Herodoto e así establécese un paralelismo entre este novo viaxeiro e o lendario cidadán de Halicarnaso. Un libro sobre a actividade mental que supón viaxar en contraposición ao simple desprazamento dun lugar a outro.

Unha vez máis, agradecemos a fidelidade e interese amosado a todas e todos os participantes en ambos grupos, emprazándoos para unha nova tempada que empezará aló polo mes de outubro.

11/6/12