18/4/11

Conferencia sobre Lois Pereiro (Letras Galegas 2011): 28 de abril

No Auditorio de A Fábrica en Santa Cristina

Horario: 11 h.

Comezamos as actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas cunha conferencia sobre o homenaxeado a cargo de Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois Pereiro, xornalista e decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Seguidamente terá lugar un concerto baseado en poemas de Lois Pereiro musicados polo cantautor arxentino Manu Clavijo.

Cen anos de maxia (Centenario Cunqueiro): 27 de abril

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Hora: 10 e 11,15 h.


Contacontos baseados na obra de Álvaro Cunqueiro "Merlín e familia".


Actividade encadrada dentro da serie "Mil primaveiras máis" coa que as bibliotecas organizamos a homenaxe a Álvaro Cunqueiro no ano do seu Centenario.

Taller de Iniciación ao Cómic con Xosé Tomás: 27 de abril

Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Hora: 11,45 h.

Dirixido ao alumnado de 6º de Primaria do CEIP A Rabadeira de Oleiros

Xosé Tomás explicarálles os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc.

Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de obras de banda deseñada.

Taller de Ilustración con Óscar Villán: 26 de abril

Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Horario: 2 sesións ás 10,15 e 11,45 h.

Dirixido ao alumnado de 3º de Primaria do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz


Os obxectivos que se pretenden conseguir son que aprendan diferentes técnicas de ilustración, fomentar a creatividade e a imaxinación e que observen e analicen as diferentes ilustracións que aparecen nos libros.

26 e 29 de abril: Contacontos "Viaxe a África"

Na Biblioteca Central Rialeda e na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 1ª ciclo de Primaria dos colexios públicos do concello.

“Viaxe a África” é unha función que pretende dar a coñecer aos nenos e nenas algúns contos e cancións de África, atendendo sobre todo as dúas grandes etnias que a habitan: a África árabe e a África negra. Son obras que dan unha mensaxe a favor da igualdade e amosan pinceladas da súa cultura.

Algúns dos títulos:"La Tierra explicada a los niños" de Yan Arthus-Bertrand (que tén unhas fermosas fotos aéreas de Africa) Canciones infantiles y nanas del baobab, “A Casa de Mis” (Conto árabe), Pequeno azul, pequeno amarelo”"Cuentos y leyendas de los Masai" de Anne W. Faraggi. Ed Kókinos.