6/2/15

Novidades dvd cine na Biblioteca Central Rialeda (febreiro 2015)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-21038.pdf
20 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.

Recomendacións en Radioleiros: 6 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36948910/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114082- Infantil (menores de 8 anos):

Un rei tiña unha pena, polo que se reuniu a comisión de sabios para ver como se solucionaba. Recoméndanlle: pasear, facer exercicio e sobre todo cambiar a dieta alimenticia. Por este motivo, deciden cubrir a praza vacante de cociñeiro do palacio. Preséntanse distintos cociñeiros e tamén, Mencía, unha cociñeira decidida que a pesar de que lera que no bando poñía cociñeiro en masculino, ela non se acovarda e botando man dun recetario de súa avoa, que ten un segredo moi especial, elabora un menú que chega directamente ao corazón do rei. Cal pode ser ese segredo?

Fermosa e simpática historia que nos mergulla nos sabores e olores da cociña tradicional galega para que a amemos e a valoremos.

Soledad Felloza, con esta obra, foi gañadora do Premio de Narración Oral Cociña de Contos no que participaron contadores e contadoras de España, Portugal e Polonia.

Seleccionado entre os libros finalistas para o Premio de literatura infantil Xosé Neira Vilas que convoca a Asociación Galega de Editores.

- Mozas/os e adultas/os:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=monta%C3%B1a+magica+thomas+mann&idx=La montaña mágica, de Thomas Mann
Edhasa

Está considerada unha obra clásica da literatura alemá do século XX. Comezou a escribila en 1912, a raíz dunha visita a súa muller a un sanatorio de Davos, nos Alpes suízos, no que estaba internada. Deixouna interrompida con motivo da Primeira Guerra Mundial e continuouna en 1920. Publicouse en 1924.

Narra a estancia do seu protagonista principal, o mozo Hans Castorp, nun sanatorio para enfermos de tuberculose, situado en Davos, entre os anos 1907 e 1914. Vai coa intención de visitar a un primo e estar con el tres semanas, pero despois quédase 7 anos. Alleos ao transcorrer do tempo, unha serie de personaxes dispares representan a condición humana e son a iniciación intelectual deste mozo.

Moitos especialistas considérana unha obra filosófica porque introduce moitas reflexións sobre o tempo, a enfermidade, a morte...

Reflicte á perfección o modelo de vida da burguesía europea de principios do século XX e mostra as contradicións sociais e intelectuais da época.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/2/15

Maxia cómica na Biblioteca de Mera: 6 de febreiro

http://www.leoleino.es/index.php/magia
O venres 6 de febreiro, ás 18:30 horas, levarase a cabo na Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera a sesión de maxia denominada “Maxia cómica” a cargo de Leo Leiño.
Nesta actividade poden participar nenas e nenos de 4 a 12 anos e seguro que se van divertir. Se tes máis de 4 anos e queres aprender xogos de maxia, poderás facelo ao mesmo tempo que gozas cun espectáculo divertido e sorprendente  titulado “Maxia cómica”, no que contan unha historia que une os libros coa maxia.
Debido a que o aforo é limitado é imprescindible reservar praza na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 628 507.
Con esta actividade de animación á lectura trátase de desenvolver a imaxinación e a fantasía das nenas e nenos participantes. Ao mesmo tempo que pasan uns momentos agradables cos libros, sorprenderanse con entretidos trucos de maxia. 

3/2/15

Día da ilustración en Galicia: 30 de xaneiro

 http://issuu.com/bibloleiros/docs/texto_expo_ilustraci__n
O pasado 30 de xaneiro, coincidindo co nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, celebramos o Día da Ilustración en Galicia para destacar a importancia da ilustración e do deseño no libro e na lectura, así como para poñer en valor o sector galego da ilustración.
 
Este ano Bibloleiros quere rendir unha homenaxe ás vítimas do atentado cometido en París contra membros da revista francesa Charlie Hebdo, a través dunha exposición de obras de banda deseñada que podes visitar no vestíbulo da Biblioteca Rialeda. Son moitas as obras que poden formar parte desta exposición. Escollimos algunhas daquelas que nos parecen máis representativas do noso fondo bibliográfico de cómics.
 
Pásate polo vestíbulo de Rialeda e visita a exposición! 
Escolle algún título para levarte en préstamo!

2/2/15

Cristina Barrio presenta o seu libro "Totum revolutum" en Rialeda

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115406O mércores, 4 de febreiro, ás 18:30 horas, Cristina Barrio Cordeiro presentará o seu libro "Totum revolutum" na Biblioteca Central Rialeda en Perillo.
 

Cristina Barrio Cordeiro, veciña de Mera, é mestra de profesión e leva moitos anos participando activamente nos Talleres de lectura e Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda, así como noutras actividades organizadas pola biblioteca entre as que destacamos os Obradoiros de creación literaria.

"Totum revolutum" consta de trinta e oito relatos que se desenvolven na actualidade, desde cómicos a dramáticos, clasificados en dúas partes, en función do idioma en que están escritos: “Revoltijo” e “Rebumbio”.

Tertulia literaria en Rialeda: 4 de febreiro (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20824.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 18,30 h.*

Comentario de "El estandarte" de Alexander Lernet-Holenia.
Documentación
Obras de Alexander Lernet-Holenia nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Un dedo manchado de tinta" de Manuel Portas.

*Ás 18,30 h. terá lugar na biblioteca a presentación do libro "Totum revolutum" de Cristina Barrio.

Hora do conto e actividades de animación á lectura: de 4 a 6 de febreiro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20725.pdf
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Hora%20do%20ContoTodas as sesións se celebrarán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 4 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338) AFORO COMPLETO!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULOS: “Arrolacontos”  


Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 5 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
AFORO COMPLETO!!!
                                             CONTACONTOS: Raquel Queizás 

                                             TÍTULOS: "Nanovo"
 
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 6 de febreiro
Para nenas-os a partir de 5  anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628507) Aínda quedan prazas!!!
COMPAÑÍA: Leo Leíño
TÍTULO:  "Maxia cómica"